Malestar no nacionalismo polo apoio "non disimulado" de La Voz ao Bloque

Vellos dirixentes nacionalistas apuntan que a estratexia do xornal coruñés é seguir dividindo e erosionar unha nova unidade popular do nacionalismo galego entre a UPG -o partido hexemónico no Bloque-, En Marea, Compromiso por Galicia e Anova.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

"Militantes de Anova desertan y se pasan al Bloque". Este titular co que abre este xoves a sección de política de La Voz de Galicia causou un forte impacto entre veteranos nacionalistas, algúns en activo e outros xa fóra da política, pero co denominador común de ter militado no Bloque.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

De feito, esta noticia está sendo amplamente comentada en distintos grupos de whatssap e moitos dos comentarios apuntan á intencionalidade dunha noticia que ten coma fin "erosionar a unidade do nacionalismo". De feito, lembran como antes de Amio, foi este xornal o que "máis axudou" a fragmentar o nacionalismo.

Algúns veteranos dirixentes nacionalistas apuntan a GC o momento no que chega este tipo de noticias. "Baixas de militantes de Anova xa se levaban dando desde hai tempo", indican. "E son moi poucos os que, supostamente, formalizaron a súa alta no BNG", engaden. "Por que La Voz no falou ou fala dos militantes do PP que marchan para Ciudadanos?", asegura un ex parlamentario co BNG. "Primeiro dinamitaron En Marea e agora queren dinamitar unha posible unión do nacionalismo para seguir mangoneando na UPG", engade.

Outro cre que "La Voz semella apostar polo BNG para destruír o máis posíbel a UP -Unidade Popular- ", en alusión a unha posible e hipotética unidade entre En Marea, o BNG, CxG e Anova. Hai quen vai máis alá e apunta a unha nova estratexia do xornal coruñés por "erosionar a Xulio e Martiño", en alusión aos rexedores da Coruña e Santiago, que non teñen disimulado as súas ideas nacionalistas.

MÁIS APOIOS AO BNG

Non é a primeira vez que La Voz sae en defensa do BNG. De feito, varios dos seus articulistas teñen loado en varias ocasións a figura de Ana Pontón. Tamén é habitual, desde hai anos, a presenza do BNG nos premios Fernández Latorre, mesmo cando a eles acudiu o monarca español. Na última edición acudiron a propia Pontón, o rexedor de Pontevedra e Miguel Anxo Fernández Lores.

Curiosamente, este xornal, extremadamente crítico co procés catalán e cos independentistas, foi moi coidadoso nas súas informacións sobre os acordos aos que o Bloque ten chegado con ERC e con Bildu para ás eleccións europeas, e mesmo a oferta de Otegui para unha coalición ás Xerais.

A única ocasión na que se puideron entrever críticas deste medio ao Bloque e a súa dirixente foi cando este acusou a Feijóo de ter actitudes machistas. Foi entón cando publicou varios artigos críticos con Ana Pontón e mesmo utilizou a vellas dirixentes históricas do Bloque, como Pilar García Negro, para que lle chegara o recado á dirección nacionalista. "Está claro que La Voz utiliza ao Bloque como parvos útiles e para branquear ao partido do que comen", din fontes consultadas en alusión ao PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

19 OSimpatizante

Eu son simpatizante do BNG, fronte nacionalista. Ademais, considero que o partido político con maior organización é a UPG. Pola miña ideoloxía e experiencia persoal coa veracidade da Voz, non lle fago caso as súas noticias máis que para telas en conta no eido da guerra mediática. Por iso, alégrome cando saca noticias positivas de Anova, Agora Galiza ou outros partidos que defenden uns intereses bastante próximos aos meus. O BNG é unha fronte democrática onde todos teñen cabida, incluso Beiras se quere volver, en contra do que opinaban outros. Pero atacarnos entre nós non fai que consigamos achegar as nosas posturas a unha maior porcentaxe da sociedade, non temos que pelexarnos polo noso cacho de pastel, se non aumentar o de todos nos.

18 migueló

O Bloque é o elemento sipaio necesario para manter a dependencia secular de Galiza. La Vox de Galicia sábeo e mímaos. Levan anos facéndolle o traballo suxo á dereita españolista adicándose única e exclusivamente á atacar a Anova e á unidade popular. O seu premio é a palmadiña nas cóstas e a irrelevancia política-electoral.

17 Xosé Varela

Unidad popular? de quién? de cuando? de cómo? Unirse a Puedemos que nos dirijan como siempre desde la meseta? Dicho Judío: "Joven: si piensas que alguien va a pelar por ti, va a luchar por ti y se va a ofrecer por ti.....No mereces ser libre" Aprended y reflexionad

16 Alicia

A Voz traballa duramente para o PP sen descanso. A empresa cobra de Feijoo directamente. Ademais, esta empresa sempre foi de dereitas e inimiga do nacionalismo e da esquerda. Antes contra o BNG e a UPG, agora contra ANOVA e os alcaldes de Santiago, Coruña e Ferrol. En cada momento focaliza o obxectivo POR INTERESES CONCRETOS. Por certo que tamen están arreando ao PSOE estos días, hai medo a que o PP baixe escaños.

15 chovíchová

algun non lembra cando a voz era a pasarela do "profesor Beiras" e falaba paxina e meia do ben que combinaba a roupa, de como cada dous dias falaba de tal e cual transfuga marchado do BNG, desde 2012 ate o ano pasado?? o caralho foi q os galeguistas federalistas acomplexados escarallaronse sos, e xa non poden nin vendelos na Vox....artigo de xornalismo de investigasión total... vaites, vaites!