Feijóo sobre autorizar o uso de armas: "Un cidadán non debe substituír á Policía ou á Garda Civil"

"É ilustrativo do que ofrecen aos españois", di sobre aproposta de Vox.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2019 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, cre que a proposta de Vox sobre autorizar o uso de armas para os cidadáns é "ilustrativa" do que a organización que encabeza Santiago Abascal "ofrece aos españois".

Núñez Feijóo, a preguntas dos medios este xoves na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta, indicou que a proposta da organización de extrema dereita "está fóra da realidade" porque "España é un dos países máis seguros do mundo".

"A cada un váiselle coñecendo en función das súas propostas. Hai partidos que non queren facelas (propostas) para que non se lles coñeza", teorizou Feijóo, para o que a proposición de Vox ejemplifica "as súas prioridades políticas".

"Estamos satisfeitos das nosas forzas de seguridade. Non creo que un cidadán deba substituír a un Policía ou un Garda Civil", incidiu o mandatario popular, que aposta por afrontar as "bolsas de insuficiencia" en materia de seguridade cidadá, pero non a través de medidas que xeren "máis inseguridade", como a flexibilización do acceso ás armas que expón Vox.

Disparando una escopeta de caza
Disparando una escopeta de caza | Fonte: laverdadnoticias.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta