Ferreiro di que votará pola opción que "concorde cos intereses das clases populares do Estado español e da Coruña"

O alcalde da Coruña di que o seu voto nas xerais "estará dentro da coherencia e do noso espazo político neste tempo"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/03/2019 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou que o seu voto nos comicios do 28 de abril estará "dentro da coherencia". "E do noso espazo político durante este tempo", sinalou ao ser preguntado por que opción se decantará.

Xulio Ferreiro. Europa Press - Archivo
Xulio Ferreiro. Europa Press - Archivo

"Aquela que concorde cos intereses xerais das clases populares do Estado español e a que teñan en conta os intereses da cidade, que se xoga moito", respondeu.

Ademais, dixo que estudará os programas electorais, aínda que avanzou que o seu voto estará dentro da "coherencia" e no marco "do noso espazo político durante este tempo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Desfeita

Vaia maneira de dicir que votará Unidas Podemos. Debe de haber un síndrome de María Pita: este, como Paco Vázquez, só pensa en España (perdón, "as clases populares do Estado Español") e na súa Cidade-Estado. Galiza pare el non existe.

3 Truquiño coruño

As clases populares de Andalucía, por poñer un exemplo, podían ser perfectamente as de Extremadura ou incluso moitas das de Galiza, son os que berran a por ellos contra Catalunya e faríano no primeiro momento en que se presentase a ocasión contra ti mesmo, compañeiro Xulio. Xa se demostrou dabondo ao longo da historia que os obreiros antepoñen a nación a esa utópica irmandade proletaria internacional que nunca existiu na historia (nin na formación da Unión Soviética, que se non fora polo exército nin revolución habería.

2 Sentidiño

Porque a Galiza xa non conta no espazo político? Qué foi do teu activismo na CIG? Vergoña.

1 non censuren!

Enton sinon e un cinico ou un mentiroso votara polo BNG e a mellor opción para os galegos!

1 Bernal Calvo Delaciga

Será a mellor opción para Pontón e o su exército de liberados, en todo caso. O BNG nin sequera ten posibilidades de acadar representación. Votar BNG é tirar co voto e favorecer a PP-Ciudadanos-Vox.