Conde ve un "novo obstáculo" o feito de que a planta de Alcoa na Coruña non poida ir á poxa

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria acusou a Javier Losada de "descoñecer" o traballo da Xunta ao respecto da xestión de crise de Alcoa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2019 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lamentou un ""novo obstáculo" tras comunicar Rede Eléctrica que a multinacional do aluminio non poderá participar na próxima poxa de interrumpibilidade, ao renunciar a prestar o servizo actualmente. 

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Respecto diso, opinou que "o Goberno deberá salvar" esta situación, deberá "dar esa resposta" tendo en conta que corresponde ao Executivo central a política enerxética. Neste sentido, o responsable de Economía da comunidade galega tamén se mostrou á espera de que o Goberno central "comunique quen son os investidores interesados" en facerse coas plantas da Coruña e Avilés.

Asemade, acusou o delegado do Goberno, Javier Losada, de "descoñecemento" sobre o traballo que están a impulsar as distintas administracións co obxectivo de atopar unha solución á crise de Alcoa. Así o afirmou, a preguntas dos xornalistas tras reunirse con patronal e sindicatos, despois de que Losada convidase á Xunta a pór en marcha unha mesa sectorial e a deixar de "criticar".

"Hai unha mesa constituída e a Xunta está a traballar de forma construtiva. Colaborando co ministerio. O Goberno sabe que ten na Xunta unha administración responsable pero tamén moi preocupada", incidiu. Deste xeito, lembrou que o estatuto de empresas electrointensivas non recolle "a maior parte de propostas" que trasladaron as compañías e a propia Xunta, nas que, agora, de forma "construtiva", volverá "insistir" en forma de alegacións ao texto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta