Ence e a responsabilidade social empresarial

A última polémica sobre ENCE non será, sen dúbida, a derradeira.Ademais da dimensión estritamente xurídica -a negativa da Abogacía do Estado a certificar a legalidade da prórroga concedida polo goberno de Mariano Rajoy- este episodio recente contén case todos os ingredientes económicos e políticos que avalarían a pertinencia do debate público.

Por Xesús Veiga | Compostela | 25/03/2019

Comparte esta noticia
Existen, de entrada, dúas circunstancias indiscutíbeis que convén lembrar.Unha:a pesar da evidente relevancia da decisión tomada pola Abogacía do Estado non estamos ante a definitiva resolución xudicial que finiquite o recurso presentado polo concello de Pontevedra e pola Asociación de Defensa da Ria.Outra:a prórroga aprobada polo Executivo de Rajoy tivo lugar despois da celebración das eleccións xerais de Decembro de 2015 e moito antes de que se constituira o novo goberno do PP, despois da repetición dos comicios en Xuño de 2016.Situación que, obviamente, non admite comparación coa que se vive na actualidade, a mais dun mes da convocatoria do 28-A.
 
Coa chegada do goberno bipartito (PSdG-BNG) a San Caetano houbo un intento para acordar un traslado das instalacións da papeleira a outro lugar no que se provocaran menores impactos medioambientais.Tal iniciativa -promovida dende as consellerías pilotadas polo BNG- non foi viábel porque a empresa non quixo asumir custe algún na realización de semellante deslocalización.Despois do 2009 non consta a existencia de propostas análogas realizadas polo goberno de Núñez Feijoo a pesar de contar con sucesivas maiorías absolutas no Parlamento galego.
 
ENCE sabe perfectamente que se hoxe quixera iniciar as súas actividades no lugar onde está ubicada, non podería facelo.E coñece, tamén, a chamada Responsabilida Social Empresarial(RSE), unha corrente doutrinal -asumida oficialmente polos referentes principais do universo empresarial- que aposta polo necesario compromiso das corporacións coas sociedades na que fican inseridas.A RSE non significa, só, cumprir a legalidade vixente en cada conxuntura histórica.Representa algo mais:sintonizar coas demandas que se formulan dende a contorna social.No caso de ENCE debería implicar asumir a débeda histórica que ten contraída coa maioría da sociedade pontevedresa que desexa, dende hai tempo, o cambio de localización desas instalacións.
 
A solución da prórroga dos 60 anos constitúe un insulto ao raciocinio que debería presidir o desenvolvemento das actividades industriais nun pais democrático do mundo mais avanzado.A menos que se manteña o vello criterio de que a maximización do beneficio privado está por riba de calquera outra consideración.
 
A inmediata reacción de Feijoo criticando a postura da Abogacía do Estado e apoiando o actual emprazamento de ENCE -a pesar de que hai un tempo suxerira a posibilidade do traslado- merecería unha análise singularizada.Son as hipotecas derivadas da presenza de Carlos del Alamo e Isabel Tocino -persoas destacadas na historia política do PP- no Consello de Administración da papeleira? Quere o actual presidente da Xunta preparar a súa participación futura nese xogo tan excitante das portas xiratorias?
 

A APDR sóbese a un veleiro en contra de ENCE na ría. EUROPA PRESS - Arquivo
A APDR sóbese a un veleiro en contra de ENCE na ría. EUROPA PRESS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.