A auga, un compromiso de presente para garantir o futuro

Este venres celébrase o Día Mundial da Auga, un ben e un servizo de primeira necesidade, que require unha xestión eficiente e sustentable.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/03/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Pequenos actos como cociñar, lavar os pratos ou ducharse constitúen prodixios cotiáns que configuran a nosa rutina, pero tamén precisan dunha concienciación no uso dun recurso que é limitado e ao que non todos poden acceder. E, precisamente, o Día Mundial da Auga, que se celebra este 22 de marzo, pon este ano precisamente o acento na necesidade de que a sociedade avance sen deixar a ninguén atrás, é dicir, sen privar en grao sumo básico aos que atravesan por dificultades.

Auga
Auga | Fonte: Caldaria

E, nesta batalla contra a pobreza no acceso á auga, a empresa Viaqua destaca as axudas que puxo en marcha e que inclúen tarifas e bonificacións sociais, facilidades para fragmentar o pago da factura, para escoller o día de abono ou para aprazar e fraccionar o pago da débeda sen intereses.  “Todo o que sexa necesario para que a factura da auga non sexa un problema engadido para os que pasan por momentos complicados”, apunta nun comunicado.

Así, durante o ano 2018 esta empresa conseguiu que 2 de cada 3 clientes (o 66%) teñan á súa disposición algunha bonificación ou fondo de carácter social, xestionando fondos sociais en coordinación cos Servizos Sociais municipais e outros organismos como Cruz Vermella e Cáritas, o que permite ter constancia de todas as situacións de vulnerabilidade para que en ningún caso se corte a subministración de auga a quen non poida pagala.

Ademais, segue promovendo o que se denominou Campaña de Municipios Dixitais, de tal forma que, en consonancia cos Ccncellos, se destinen a fondos Sociais os aforros derivados da impresión, emisión e distribución de facturas en papel xerados por aqueles clientes que deciden recibir a súa factura en formato dixital. Ademais, durante o ano 2018 Viaqua realizou bonificacións no pago das facturas por importe de 54.851 euros a través das súas tarifas sociais, e asináronse 507 compromisos de pago sen intereses financiando así unha débeda de 331.138 euros.

AUGA COMO MOTOR DA BIODIVERSIDADE

Esta empresa aposta por unha alianza entre o sector público e o sector privado, tal como figura no último punto dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable que xa integrou o proxecto Suez España, que viu recoñecida a súa labor e traxectoria de referencia na naturalización de infraestruturas. 

Neste sentido, a compañía foi premiada nos European Business Awards for the Environment (EBAE), organizados pola Comisión Europea, na categoría de empresa e biodiversidade, polo proxecto 'De plantas de tratamento de auga cara a reservas de biodiversidade'. Viaqua implantou este proxecto de biodiversidade en plantas depuradoras e potabilizadoras de Pontevedra, Ourense e Santiago e tamén quere transformar as plantas depuradoras tradicionais en biofactorías, grazas á consolidación da Unidade Mixta CIGAT-BIOFACTORÍA que se desenvolve na EDAR de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta