O PSdeG quere que a Xunta informe do contactos ou relación que ten con grupos de interese

Pídelle á Xunta que incorpore os requisitos esixidos pola UE e faga públicos por lei todos os contactos que mantén con estes grupos económicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2019 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O PSdeG anunciou que presenta unha proposición de lei para que se regule a actividade dos grupos de interese en Galicia, e que se fagan públicos os contactos da Administración autonómica con estes actores á hora de elaborar leis e decretos.

Os socialistas galegos informaron, a través dun comunicado, de que o responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, levará esta semana ao pleno a proposición de lei.

Deste xeito, os socialistas queren que "a Xunta incorpore os requisitos esixidos pola UE e faga públicos por lei todos os contactos que mantén con eses actores á hora de elaborar os anteproxectos de lei e os proxectos de decreto".

Villoslada propuxo que se incorpore á normativa "a regulación do que a doutrina denomina pegada normativa, e que fai referencia á publicidade dos contactos que a Administración pública manteña cos grupos de interese", e que se reflictan en "un informe que se publicará no Portal de Transparencia da Xunta, co obxectivo de asegurar que a influencia sexa transparente e non desproporcionada".

O responsable de Política Institucional pediu que haxa "correcta información" das prácticas deste grupo para evitar o "risco de que cheguen a ter un exceso de capacidade para influír no sentido das decisións do goberno".

Ademais, lembrou que a lei autonómica de transparencia aprobada en 2016 "deixa fóra do seu ámbito a actividade concreta dos grupos de interese" e non "cobre a actividade dos 'lobbies' máis aló das relacións contractuais ou de subvención que manteñan coa administración autonómica".

A proposta dos socialistas establece un rexistro de grupos de interese "público e gratuíto", e das súas actividades coa Xunta. Tamén inclúe un réxime sancionador e mecanismos de colaboración coas entidades locais e co Parlamento de Galicia "para promover a transparencia da súa actividade".

Bolsa de Madrid
Bolsa de Madrid

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta