Máis de 130.000 piden que non se emitan espectáculos televisivos con tratos crueis a animais

Denuncian que este tipo de imaxes non deberían ser aptas para menores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

As asociacións animalistas Libera e Fundación Franz Weber reuniron máis de 130.400 firmas para instar as autoridades galegas e estatais a tomar medidas para evitar a emisión de contidos en televisión "que fomenten a crueldade cara aos animais nas denominadas franxas horarias de protección".

Neste sentido, ambos os colectivos denuncian que en determinadas cadeas públicas hai programas "que promoven a caza" e "defenden as corridas de touros", e que son "perfectamente accesibles para que calquera nena ou neno poida acender a televisión e atoparse a uns individuos disparando e matando fauna salvaxe".

Deste xeito, con máis de 130.400 firmas recollidas a través do portal Change.org, os animalistas piden que estes contidos, "como mínimo", sexan "relegados a outros espazos da grella televisiva, a unha madrugada inaccesible para a práctica totalidade das persoas menores de idade".

Ademais, Libera e Fundación Franz Weber lembran que unha directiva da Comisión Europea en 1989 foi "o primeiro documento lexislativo que obrigaba aos estados membro, como España, a desenvolver normas específicas" para "proporcionar sistematicamente aos usuarios un sistema de filtrado eficaz actualizable e fácil de utilizar" en contidos audiovisuais.

Así, as asociacións reafirman que, tanto para elas como para os estudos científicos realizados ata o momento, presenciar unha corrida de touros en televisión "endulzada con comentarios positivos, mesmo da propia familia, supón unha influencia que xustifica a crueldade e a violencia cara aos animais para persoas en pleno desenvolvemento moral e intelectual".

Contra as touradas
Contra as touradas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Miltra

Por favor, non saquedes ideas que xa logo veñen as maratóns de procesións sa semana santa na TVG e quererán "implementar" tamén o tema das touradas. Xa tarda o do Landrover (ou como se diga porque non vexo a teleppeira nin tolo) en traer toureiros (de folclóricas xa está ben servido o Gayoso, dinme).