Máis de 125 hectáreas calcinadas en Galicia en dous días de marzo

Aos case 50 que arderon nos lumes do Xurés e Chandreixa de Queixa, súmase outro non extinguido de 75 hectáreas en Muras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 09:29

Comparte esta noticia

Efectivos de extinción traballan nun incendio forestal rexistrado no municipio lucense de Muras e que afecta a unhas 75 hectáreas de superficie, mentres que quedaron sufocados os lumes rexistrados este fin de semana nos concellos ourensáns de Chandrexa de Queixa e Lobeira. En total arderon polo de agora 125 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio de Muras localízase na parroquia do Burgo e afecta a unhas 75 hectáreas de monte raso. Este lume comezou ás 20,35 horas deste domingo e quedou controlado ás 6,19 horas deste luns. Foron mobilizados catro axentes, sete brigadas, cinco motobombas e unha pa.

Pola súa banda, o incendio forestal que se iniciou este domingo ás 12,00 horas na parroquia de Fitoiro, en Chandrexa de Queixa, e quedou controlado sobre as 17,25 horas quedou extinguido a als 23,20 horas da mesma xornada tras queimar unhas 25 hectáreas, dúas de arboledo e 23 de superficie rasa.

Mentres, o lume declarado sobre as 23,50 horas deste sábado e controlado pouco antes das 13,10 horas deste domingo no municipio ourensán de Lobeira, na parroquia de San Xes de Vilariño, quedou extinguido desde as 20,35 horas. Neste caso o incendio queimou unhas 25 hectáreas de monte raso no parque natural do Xurés.

Incendio forestal no Parque Natural do Xurés
Incendio forestal no Parque Natural do Xurés | Fonte: Emerxencias Ourense @EmerxenciasOu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta