O BNG presentará alegacións ao estatuto de electrointensivas para unha "tarifa estable"

Acusa a Feijóo de actuar "como palmeiro" de Pablo Casado e afea a este último non ter "solución de futuro" algunha para a empresa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O BNG presentará alegacións ao estatuto do consumidor electrointensivo, de modo que recolla unha "tarifa estable" que "como mínimo" obteña "o que xa conseguiron os vascos", que é, segundo dixo, unha rebaixa de 23 euros por megawatt, fronte aos 4,2 que ofrece agora mesmo o Goberno español, ante a crise que afecta a empresas como Alcoa e Ferroatlántica en Galicia.

A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, reuniuse este luns co comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo (Lugo), onde pediu un trato diferenciado para a comunidade galega por ser excedentaria na produción de enerxía.

En declaracións aos xornalistas, Pontón acusou ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de actuar "como palmeiro" do líder do PP no conxunto estatal, Pablo Casado, a quen afeou non ter "solución de futuro" para os "miles de postos de traballo en xogo" á luz da súa visita este domingo a Vigo.

"A súa única proposta foi ofrecerlle un posto de ministro a Feijóo, imaxino que para pagarlle a súa submisión estes anos e como compensación por ser incapaz de defender os intereses de Galicia e antepor os do Partido Popular", sentenciou.

"INDIGNACIÓN"

Pontón afirmou compartir "a preocupación" e "a indignación" dos traballadores ante o "feito insólito e que non se pode aceptar" que consiste en que "sendo Galicia produtor excedentario de enerxía eléctrica" haxa "miles de postos de traballo en xogo polos altos prezos da electricidade".

"Non pode ser que teñamos a miles de familias co corazón nun puño porque non saben cal vai ser o seu futuro e empezan a ver nubes negras ante as que os gobernos non están a dar solucións", advertiu.

8M.- O BNG Reclama 'Pasar Á Política Dos Feitos'. ANA PONTÓN
8M.- O BNG Reclama 'Pasar Á Política Dos Feitos'. ANA PONTÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta