A RAG dá o último adeus a Giuseppe Tavani, un dos grandes especialistas en lírica medieval galega

A Real Academia Galega expresou o seu profundo pesar polo falecemento do estudoso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega expresou o seu profundo pesar polo falecemento do estudoso Giuseppe Tavani, un dos grandes mestres dos estudos de lírica medieval románica e especialista e autor fundamental da galega.

A RAG dá o último adeus a Giuseppe Tavanni, un dos grandes especialistas e. GIUSEPPE TAVANI
A RAG dá o último adeus a Giuseppe Tavanni, un dos grandes especialistas e. GIUSEPPE TAVANI | Fonte: Europa Press

O autor italiano gozaba dun amplo recoñecemento e vínculos con Galicia, nomeado académico de honra da RAG, e recoñecido co Premio da Crítica de Galicia (1987), o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao (1988) ou o título de doutor honoris causa por parte da Universidade de Santiago.

Tavani protagonizou desde os anos 50 un traballo incesante con máis de 300 títulos, entre libros traducións e artigos, dedicados á investigación, centrado en boa parte na lírica galega e na poesía e narrativa provenzal, catalá e francesa.

O investigador ofreceu unha nova interpretación da literatura medieval galega na que profundou na idea de Santiago como centro difusor, e concluíndo que a poesía trovadoresca primitiva foi creada en galego, e non en galego-portugués.

Á súa vez, encamiñou parte do seu traballo cara á cultura das linguas minorizadas, e mesmo tradución ao italiano distintos autores das letras galegas contemporáneas, como 'Grifón' de Alfredo Conde, ou 'Tempo en Compostela', de Salvador García Bodaño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta