Novo centro na Coruña para atender inmigrantes e outras persoas en situación ou risco de exclusión

A ONG Ecos do Sur inaugurou na avenida de Finisterre o novo recinto.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/03/2019 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

A ONG Ecos do Sur inaugurou na Coruña, na avenida de Finisterre, un novo centro na cidade para atender á poboación migrante e a outras persoas en situación ou risco de exclusión social.

O acto contou coa presenza, entre outros, da conselleira de Política Social, Fabiola García; do alcalde herculino, Xulio Ferreiro; da concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, e do edil de Emprego e Economía Social, Alberto Lema.

Nel, a conselleira enxalzou o traballo desta organización, á vez que lembrou que esta entidade se encarga do empaquetado das 18.000 caixas de benvida que se entregan cada ano aos bebés que nacen en Galicia.

A ONG Ecos do Sur inaugura un novo centro na Coruña para atender a poboación. CONCELLO DA CORUÑA
A ONG Ecos do Sur inaugura un novo centro na Coruña para atender a poboación. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Na súa intervención, subliñou as súas iniciativas "para que todas as persoas que veñen de fóra se atopen con menos dificultades", un labor de integración social no que considerou necesaria a colaboración de todas as administracións.

Pola súa banda, o alcalde herculino, Xulio Ferreiro, puxo en valor o traballo que desenvolven na cidade entidades deste tipo. Tamén o cualificou de fundamental "nun momento no que, contra toda lóxica, existen voces que tentan reavivar discursos de oido e de medo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta