Nova "agarrada" entre Faro e La Voz a conta do OJD

O OJD dá un "tirón de orellas" a Faro por usar datos parciais para destacar a caída de vendas de La Voz na provincia. Con todo, os dous medios aplican unha política de recortes, que tamén podería afectar a El Correo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/11/2011 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

“La Voz de Galicia, cae hasta los 5.772 ejemplares en toda la provincia de Pontevedra y los 46.104 en Galicia”. Así titulaba Faro de Vigo unha editorial o 30 de outubro nun novo episodio da 'guerra mediática' polo liderado xornalístico no Sur de Galicia.

Unha guerra que o Faro alimentou publicando perdas do xornal coruñés en Pontevedra e que alimentaría a decisión da dirección de estudar un posible peche da edición de La Voz en Vigo, mentres que a de Arousa pasa a depender da de Pontevedra.

None

Faro usou datos parciais para destacar o retroceso de La Voz

A cabeceira olívica do grupo Prensa Ibérica tiraba de datos do OJD para destacar a caída de La Voz en Pontevedra. Agora  a propia Oficina de Justificación de la Difusión (OJD) reacciona á editorial de Faro lembrándolle que "as Normas Técnicas de Control Diarios nos seus Artigos 9.3.1. e 9.3.2. sinalan que cando se faga uso de datos parciais incluídos nas Actas ou pendentes de certificar, é obrigatorio mencionar as últimas cifras vixentes, expresando claramente o concepto e período ao que corresponden". Noutras palabras, o OJD critica a Faro polo uso parcial dos datos da provincia de Pontevedra sen dar os totais de Galicia.

E como lle vai en realidade á prensa galega? OJD só aporta os "datos certificados" correspondentes a decembro de 2010, nos que La Voz ten, aproximadamente, unha difusión de 97.000 exemplares, Faro 38.000, Diario de Pontevedra 6.800 e Atlántico pouco máis de 4.000.

Último OJD sen certificar

Agora ben, os datos sen certificar máis recentes confirman que todos os medios en papel están a perder lectores en Galicia, aínda que Faro estea no grupo dos que mellor aguantan a nivel estatal.

A vaga 'sen certificar' máis recente á que tivo acceso GC é a de Xuño. La Voz de Galicia deixábase dende xaneiro máis de 13.000 exemplares de difusión, un 13,47%, mentres que Faro de Vigo perdeu 886, un 2,37%. Así a cabeceira da Coruña promediaba daquela unha difusión de 88.762 exemplares e a de Vigo 36.474.

Tensión en El Correo Gallego

O certo é que a crise da prensa en papel está a pasar factura a todas as cabeceiras. Unha delas é El Correo Gallego, sobre o que circulan insistentes rumores de novos despedimentos. A súa propietaria, Edicións Compostela, tras pechar Galicia Hoxe, recibiu ofertas de compras tanto dende Prensa Ibérica como de La Voz, segundo apuntou Galiza Diario.

Recortes

O convenio de empresa de La Voz caduca a final de ano e os seus traballadores temen que a empresa execute a súa oferta, na que prolonga o recorte de soldos e só garante o 75% dos postos.

Tampouco os directivos de Faro evitan os recortes, que aplicaron nos últimos meses, entre outros, aos seus fotógrafos colaboradores, facendo aínda máis precarias as súas pésimas condicións laborais até o punto de forzar a marcha dalgún destes profesionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

14 Manoliño

E das subvencións á Mesa ¿que dicimos?

1 Akribéstaton

Pois que eram qualquer cousa menos um fraude à lei. Justinho o contrário que se passa com as subvenções aos meios que deturpam, desprezam e atacam ao galego para utilizarem a nossa língua.

2 Manoliño

Seguimos sen saber o que ocorre coas subvencións á Mesa o seu volume, ¿so 650 mil + 400 mil? As cifras eran esas e marean ¡Como non ía ir o país á ruina, (coño)!

3 Manolito

A Mesa é a asociación cultural mais grande de Galiza. As subvencións da Mesa foron axeitadas en prazo, fondo e forma. A Mesa non recibiu até hai poucos anos nunca nengunha subvención. Por certo, estamos a falar da máfia pepeira que controla La Coz e Faro, non cambies de tema, pedazo de troll

4 metalhurlant

Pedazo burro estás hecho Manolo Campeón. Mi ma.

5 Rayleigh

E das subvencións a señoras para rezar rosarios para que as mulleres non aborten, non falamos manolón? Menos mal que dende que está Feijóo e as súas políticas de apoio as familias, en Galiza estamos a vivir un Baby-Boom, verdade manolón? Grazas os rezos destas asociacións que nin se sabe quen as dirixe nin cantas beatas teñen nas súas nóminas..digooo..prestando atención día e noite.

13 Xan

O Faro de Vigo que desapareza xa e La Coz, Isidoro Nicieza por antigalego e Latorre, non eran subvencionados os medios en GALEGO, e estes? como se manteñen?

12 Gamela

Ollo co vampiro Moll! Especialista en publicitar recalificacións urbanísticas con pedigree! Coma que vén de facer o Alcalde de Vigo en Samíl! Pero hoxe quixera compartir outra reflexión sobre os "medios" en Galicia. http://gamela00.blogspot.com/2011/1... Saúde.

11 tino

os panfletos pepeiros subvencionados e antigalegos xa non os len nin os extremistas radicais expañoleiros

1 mk3x

si, só os leen nas sedes do Bloque, por iso os enchen de anuncios

10 ANTIBOSTA

Por solidaridade cos Xornais NaZionalistas pechados, que pechen tamen estos. A rañala Bosta de Galicia y Falo de Vigo