Arde a provincia da Coruña con cinco incendios e case 300 hectáreas queimadas

Só en Dodro arderon xa 200 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2019 | Actualizada ás 09:24

Comparte esta noticia

A provincia da Coruña rexistra cinco incendios forestais que afectan a máis de 280 hectáreas de superficie queimada nos municipios de Noia, Lousame, As Pontes --onde se declararon dous lumes-- e Dodro, concello no que arderon unhas 200 hectáreas.

Segundo os datos publicados pola Consellería do Medio Rural, no municipio coruñés de Dodro declarouse un incendio este luns na parroquia de San Xoán de Laíño, que afecta a unhas 200 hectáreas.

Ademais, permanece activo un incendio forestal na parroquia de Argalo, no municipio de Noia, que queimou unhas 20 hectáreas de superficie. Tamén está activo un lume na parroquia de Tállara, en Lousame, que afecta a unhas 40 hectáreas. Medio Rural concretou que este incendio se iniciou en "tres focos distintos".

Mentres, no concello das Pontes declaráronse dous incendios forestais na parroquia do Freixo. Un deles supera as 20 hectáreas, puntualizou Medio Rural.

Incendio en Mondariz
Incendio en Mondariz | Fonte: @Galizacontrainfo

Incendio na parroquia de San Martiño de Duio, en Fisterra
Incendio na parroquia de San Martiño de Duio, en Fisterra | Fonte: @Incendiosgalic1
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta