Disparos nas portas dunha residencia de anciáns de Ourense

Un home teriase pegado un tiro diante da porta deste centro, segundo informan a GC.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/03/2019 | Actualizada ás 09:34

Comparte esta noticia

Unha persoa está tendida diante da residencia da terceira idade San Xosé, en Ourense. Segundo as últimas informacións, tratariase dun garda civil duns 40 anos, que se tentou suicidar no lugar onde traballa a súa muller.

Residencia da Terceira Idade San Xosé, en Ourense
Residencia da Terceira Idade San Xosé, en Ourense | Fonte: Páxinas Galegas

Polo momento, e segundo informan a GC fontes dos servizos de emerxencia, o home está vivo á espera de ser trasladado a un centro hospitalario.

Ao lugar desprazaronse efectivos da Policía Nacional, da Policía Local e ambulancias do 061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta