Detido un veciño de Xinzo por un incendio forestal causado por neglixencia nunha queima

O lume tivo lugar en Calvos de Randíon e arderon cinco hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2019 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O Equipo de Investigación de Incendios do Cuartel da Garda Civil de Celanova (Ourense) tomou declaración a un veciño de Xinzo de Limia como presunto autor dun incendio forestal causado por neglixencia nunha queima.

Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración como investigado a J.L.S., de 56 anos e veciño de Xinzo de Limia, como presunto autor dun delito de incendio forestal causado por neglixencia durante unha queima agrícola que estaba autorizada.

Os feitos sucederon o día 24 de marzo no monte O Foxo (Pintas) no termo municipal de Calvos de Randín, onde resultaron afectadas cinco hectáreas arboredos. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao xulgado de Instrución de Bande.

Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Arquivo
Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta