Reparto de compost e recepción de desfibriladores para ben dos veciños e veciñas de Allariz

Grazas ao Programa RE repartiranse uns 5.000 litros de compost entre as persoas usuarias das zonas de compostaxe comunitaria, e grazas a unha doazón de PSA Peugeot Retail Ourense haberá 3 desfibriladores en lugares públicos da vila.

Por X.M. Fernández | Allariz | 27/03/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Entre o pasado mes de febreiro e a primeira quincena de marzo os operarios municipais encargados do programa RE, de reciclaxe e compostaxe comunitaria, traballaron na criba e reparto do compost situado nas caixas instaladas nas 25 zonas de recollida comunitaria de restos orgánicos. “Este compost é froito das achegas de restos de comidas no último semestre de 2018 que, unha vez madurado, queda á disposición das persoas usuarias  para libre uso nas hortas, sementeiros e fincas, macetas, etc” explicaba o técnico Xosé Romero. 

Recollida de compost. Concello de Allariz
Recollida de compost. Concello de Allariz

O concello de Allariz segue así apostando de xeito decidido pola concienciación cidadá na separación do lixo que se produce nas casas, tratando a maior parte  posible da materia orgánica con medios propios, evitando así custes ambientais e tamén sociais e económicos.

Equipamentos para atender emerxencias médicas

O concello vén de recibir tres desfibriladores para mellorar a capacidade de resposta en situación de emerxencia. A entrega foi na sede de PSA Peugeot Retail Ourense, donante do material, e foi recollido polo tenente de Alcalde, Bernardo Varela e o coordinador de protección civil de Allariz, Miguel Ángel López.

A cidade deportiva do Seixo e a Asociación de Protección Civil de Allariz serán dúas das beneficiarias deste novo equipamento para atender emerxencias mentres que o terceiro desfibrilador está aínda por asignar.

Protección civil mellorará a partir de agora a súa atención en eventos grazas a esta doazón da entidade concesionaria ourensá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta