Controlados os lumes Lousame e Noia tras queimar 78 hectáreas nunha noite "horrible"

As lapas chegaron a zonas habitadas. A Xunta fala de lumes "intencionados".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2019 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

Os lumes que afectaron nas últimas horas aos municipios coruñeses de Lousame e Noia quedaron controlados tras queimar no seu conxunto 78 hectáreas, segundo os datos provisionais da Consellería de Medio Rural.

Os tres focos localizados na parroquia de Tállara, en Lousame, e o cuarto rexistrado na parroquia de Argalo, en Noia, quedaron controlados preto do mediodía deste martes. En concreto, son 73 hectáreas calcinadas de monte arboledo e outro cinco de raso.

En Lousame, a situación "atópase máis controlada" tras unha "noite horrible e dura", segundo explica a Europa Press a alcaldesa, Teresa Villaverde. Apunta que "as tres frontes uníronse e co vento que sopraba pasou á zona de Noia, onde está o cemiterio". "Foron momentos apurados", recoñece, nun momento "de tempo seco e vento do noroeste".

O peor "foi nas casas de Abelendo", "con difícil acceso", pero puidéronse levar as motobombas pola pista forestal para chegar ata alí, polo que non foi necesario desaloxar aos veciños. Segundo a Consellería de Medio Rural, os focos iniciáronse de "maneira simultánea" na medianoite entre o luns e o martes, "motivo polo que todo indica que foron provocados".

Sobre esta cuestión, a rexedora quéixase de que "os incendiarios están alerta continuamente cando ven o momento propicio". "Para min son uns homicidas en potencia, porque o lume cando prende non sabes o que vai pasar se hai casas preto", censura.

Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta