O Goberno ve "difícil" que se poida controlar este martes o lume de Rianxo debido ao vento

A subdelegada na Coruña destaca a importancia dos efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) despregados en Rianxo tras pedir a Xunta axuda militar.

Por Europa Press / Redacción | Rianxo | 26/03/2019 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, ve "difícil" que se poida controlar este martes o gran incendio que afecta os municipios de Dodro e Rianxo debido ao vento, polo que "seguramente mañá" (polo mércores) poida quedar controlado.

En declaracións aos medios este martes na súa visita a Rianxo, a subdelegada do Goberno na Coruña explica que polo vento nas próximas horas "pódese reavivar algún foco de incendio".

Así mesmo, mostrou o seu apoio a todos os medios de extinción e agradeceu "a contribución de todas as forzas" desprazadas ata o lugar, que "están a se coordinar" para atallar o lume "canto antes".

Neste sentido, explica que os efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) desprégase en Rianxo polos lugares de Abuín, Brión e Rianxiño, así como pola parroquia de Isorna. A este primeiro continxente de 100 persoas substituirao outro centenar na mañá do mércores. A Xunta pedíu a axuda ao Goberno central para atallar as lapas.

Incendio en Dodro
Incendio en Dodro | Fonte: Goberno de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta