Un xuízo por roubo e agresión sexual en Ourense queda suspendido pola ausencia dun acusado e da vítima

Cada un dos procesados enfróntase a once anos de prisión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2019 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O xuízo contra dous homes por un delito de roubo e agresión sexual en Ourense foi suspendido pola ausencia dun dos acusados en rebeldía e da vítima.

Fontes xurídicas explicaron que os motivos que levaron á suspensión do xuízo radican na "non comparecencia dun dos acusados en rebeldía" e a ausencia dunha "testemuña clave", que viría a ser a "vítima".

Estaba previsto que a Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense celebrase este mércores o xuízo aos dous homes que se enfrontan a once anos de prisión. A idea inicial, a pesar da ausencia dun dos acusados, era "celebrar o xuízo contra o outro" procesado. Con todo, "a falta dunha testemuña clave" levou á súa suspensión, aclararon as mesmas fontes.

RELATO DOS FEITOS

Os feitos, segundo o relato da Fiscalía, ocorreron o pasado 25 de xaneiro de 2017, cando os procesados, I.A.B., de orixe romanesa, e A.N., de nacionalidade marroquí, e outra persoa sen identificar quedaron coa vítima, J.M.B., co fin de adquirir un teléfono.

Os procesados recolleron a vítima no vehículo propiedade do primeiro e dirixíronse á zona de Oira, onde lle puxeron un coitelo no abdome. Ameazárona con "cravarllo" se "gritaba ou facía algunha cousa". Posteriormente, trasladáronse á zona de Oira-Ourense onde, tras agredila con varias labazadas e puñadas, obrigárona a entregarlles todo o que levaba (96 euros en efectivo, dúas tarxetas bancarias, unha de Eroski e un teléfono móbil).

Tras cachealo, forzaron "con ánimo libidinoso" á vítima a espirse e a practicarlle unha felación a A.N., que nun momento determinado "introduciulle os dedos polo ano". Posteriormente, deixárono marchar advertíndolle de que non denunciase estes feitos.

J.M. dirixiuse esa mesma noite a comisaría co fin de denunciar os feitos, aínda que non presentou denuncia formal ata cinco días despois.

Os procesados están acusados dun delito con roubo con violencia e uso de armas, de agresión sexual e de lesións. Ambos enfróntanse a once anos de prisión cada un e dous meses de multa, ademais dunha prohibición de achegarse a menos de 300 metros da vítima.

Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533
Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta