O alcalde de Toques asegura que están abertas "todas as hipóteses" sobre o falecido no incendio

Di que non é veciño do concello pero o coche está matriculado no de Sobrado, que é limítrofe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O alcalde de Toques, Miguel Buján, asegura que está abertas "todas as hipóteses" sobre o cadáver que apareceu calcinado nun coche na zona do incendio declarado neste municipio coruñés.

En declaracións a Europa Press, o rexedor asegura que a persoa falecida "non é veciño de Toques, pero pode ser dos arredores", pois apunta que se sabe que o coche está matriculado no veciño municipio de Sobrado, aínda que se descoñece a súa identidade.

O corpo foi atopado nunha pista no monte polos equipos de extinción dun lume iniciado ás 22,07 do mércores. O cadáver foi levantado ao tres da madrugada para practicarlle a autopsia.
"Non se sabe se provocou o incendio ou hai outra circunstancia", explica o rexedor, aínda que "no medio do incendio parece que non estaba, hai moitas hipóteses". O incendio quedou extinguido pasadas as 7,00 horas deste xoves tras queimar unhas 35 hectáreas.

Incendio forestal  REMITIDA
Incendio forestal REMITIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta