Admitido a trámite o recurso da CIG contra o acordo de concertación do emprego público de Galicia

No apartado de funcionarización do persoal laboral fixo, a CIG sinala que o pacto entre Xunta e UGT e CC.OO. "non garante un acordo xeral de condicións de traballo que recolla os dereitos laborais e salariais actuais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo da CIG contra a orde do acordo de concertación do emprego público da comunidade galega que pactou a Consellería de Facenda cos sindicatos UGT e CC.OO. A central nacionalista informa de que "dá comezo" así a súa "loita xudicial" para "a salvagarda dos dereitos do persoal", co obxectivo de "dar solución" ás "inxustizas" deste "mal acordo".

Segundo denuncia, "non recupera os dereitos laborais e económicos perdidos na última década" e establece "discriminacións" entre o persoal empregado público. A CIG persegue, no ámbito da carreira profesional, a ampliación do seu ámbito de aplicación, o acceso ao sistema extraordinario a todo o persoal e sen condicións, a revisión das contías dos graos "aumentando os importes dos máis baixos" e unha solución a "a falta de garantía orzamentaria".

No apartado de funcionarización do persoal laboral fixo, advirte de que o pacto entre Xunta e UGT e CC.OO. "non garante un acordo xeral de condicións de traballo que recolla os dereitos laborais e salariais actuais". "Non hai concurso de traslados nin promoción interna previas aos procesos de funcionarización. Os dereitos laborais do quinto convenio non se trasladan para o persoal funcionario, incluídos os dereitos de xubilación. Os dereitos salariais como os pluses pérdense ao concursar e non se trata un acordo salarial global para todo o persoal", critica.

Sede TSXG. Europa Press - Archivo
Sede TSXG. Europa Press - Archivo

Así mesmo, lamenta que a Xunta "non garante concursos de traslados futuros ao persoal que non se funcionarice". Por último, censura que "se retiraron e modificaron moitas cuestións substanciais do propio texto do acordo de concertación como a obrigación da Dirección Xeral de Función Pública de instar para que o persoal funcionario teña dereito á xubilación parcial".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta