O eurodeputado Millán Mon (PP) defende que a UE contribúa á recuperación do patrimonio cultural

A Unión Europea é "moito máis" ca unha unión comercial e económica; é unha comunidade "con profundas raíces culturais e históricas comúns", subliñou o galego en Estrasburgo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

O eurodeputado galego do PP Francisco Millán Mon avogou por que a Unión Europea contribúa a recuperar e preservar o patrimonio cultural, nun debate en Estrasburgo no Pleno europeo sobre o programa 'Europa Creativa'.

"Prodúceme especial satisfacción", sinalou Millán Mon, que "o informe da relatora, Silvia Costa, apoie unha cooperación máis estruturada e ambiciosa da UE co Consello de Europa en relación co programa das Rutas Culturais Europeas posto en marcha polo Consello de Europa hai pouco máis de 30 anos".

O eurodeputado popular engadiu que estas Rutas revelan a riqueza e diversidade da cultura europea pero "tamén son testemuño dos estreitísimos vínculos históricos e culturais que unen aos europeos". "Somos unha auténtica comunidade cultural que desborda as fronteiras nacionais", remarcou.

O eurodeputado galego apuntou que a UE é "moito máis" que unha unión comercial e económica, porque é unha comunidade "con profundas raíces culturais e históricas comúns, evidenciadas" polo patrimonio cultural. Deste xeito, concluíu, desde a UE débese coidar o patrimonio cultural por ser unha gran proba da unidade de base da construción europea.

Francisco Millán Mon.. EUROPA PRESS - Arquivo
Francisco Millán Mon.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta