Restablecido o tráfico na A-8 tras dúas horas cortado por chocar un camión e un turismo

O accidente tivo lugar á altura do Fiouco (Mondoñedo, Lugo)

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A circulación na A-8 á altura do Fiouco en Mondoñedo (Lugo), en dirección á A-6 e A Coruña, quedou restablecida arredor do cinco menos cuarto da tarde, despois de permanecer cortada dúas horas debido a unha colisión entre un camión e un turismo, que se saldou cunha persoa ferida.

Segundo informou a DXT a Europa Press, a vía quedou cortada nos seus dous carrís de circulación, e o tráfico desviado, a iso das 14,40 horas.

Na colisión ocorrida no quilómetro 544, precisou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, víronse implicados un turismo e un camión. Un particular alertou do accidente ao 112, que transmitiu o aviso a Urxencias sanitarias, aos bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Tráfico na A-8
Tráfico na A-8

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta