Patrimonio apoia actuacións de mellora en lugares de interese arqueolóxico na Coruña

As actuacións desenvolveranse nos concellos de Arteixo, A Coruña, Betanzos, Ferrol, Narón, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son e Rois.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/03/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto e prace a varios proxectos e actuacións na provincia nos concellos de Arteixo, A Coruña, Betanzos, Ferrol, Narón, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son e Rois, segundo informa a Delegación Territorial da Xunta.

Entre outras, na cidade da Coruña deu o visto e prace ás obras de acondicionamento do cemiterio de San Amaro, con control arqueolóxico e a reparación e substitución das cubertas e pavimentos, así como a reparación de filtracións na biblioteca do Castelo de San Antón.

En Betanzos, autorizouse a reparación do pavimento na Porta da Ponte Vella con supervisión arqueolóxica e en Arteixo aprobouse a mellora da infraestrutura turística, entre outras actuacións.

En Ferrol, deuse luz verde á proposta municipal de conservación e mantemento da batería alta do Castelo de San Felipe, do mesmo xeito que en Pontedeume se aprobou a proposta de conservación do Castelo de Andrade.

Castelo de San Antón
Castelo de San Antón | Fonte: coruna.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta