En Común-Unidas Podemos reivindícanse como a "forza de Galicia" nas Cortes

Antón Gómez-Reino considerou que son "tempos de tomar partido" e destacou do programa a inclusión dunhas propostas de país "para gobernar o Estado".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/03/2019 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

Candidatos de En Común-Unidas Podemos --coalición formada por Podemos Galicia, Esquerda Unida e Equo-- reivindicáronse como "a voz da forza de Galicia" nas Cortes e subliñaron que o programa co que se presentan busca "participar na gobernabilidade do Estado".

Así o expresaron tanto a cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, como o número 1 pola Coruña, Gómez-Reino. Xunto a eles, estiveron o economista e deputado no Parlamento galego, Manuel Lago --coordinador do programa electoral--, que cualificou as súas propostas como "un programa de Goberno, non electoral".

Ademais, participaron a candidata número dous por Pontevedra, Ángela Rodríguez, e o número tres por esta provincia, Jaime Cabeza, aos que se sumou, entre outros, a candidata número dous por Ourense, Isabel Peña-Rey.

Na presentación das principais propostas do programa, Yolanda Díaz apelou, como Gómez-Reino, ao traballo feito estes anos no Congreso fronte "aos que estes anos estiveron mudos". "Non se pode gobernar España sen ter presente Galicia", expuxo tamén.

Pola súa banda, Antón Gómez-Reino considerou que son "tempos de tomar partido". Do programa, destacou a inclusión dunhas propostas de país "para gobernar o Estado", dixo facendo tamén un chamamento ao electorado para que acuda a votar.

Xa sobre o programa, o seu coordinador asegurou que, exponse medidas como a nacionalización da AP-9 "para acabar co roubo de Audasa"; cambiar o modelo de financiamento autonómico ou "recuperar os dereitos laborais para combater a precariedade". Ademais, incidiu en medidas para "salvar a industria en Galicia".

Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino. EN MAREA - Arquivo
Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino. EN MAREA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

e estes onde pagan as cuotas ? En Madrid seica non, en Galiza tampouco...? Cartos ao queixón, Kyrie Eleysón ! https://cabozo.com/taboext.php?grup...

1 Guillerme Gintonic

Outra vez, sempre andan enganchados , estes dous