Máis Galiza pide un cambio de mensaxe e de líder no Bloque

A UPG advirte que non tolerará máis "actitudes deslixitimadoras", ás que culpa do estancamento do 20N. O BNG fuxe da autocrítica nunha carta a militancia.

Por Walter Burns | Santiago | 22/11/2011 | Actualizada ás 23:33

Comparte esta noticia

Unha das críticas recorrentes da cúpula do BNG aos medios é a suposta énfase en destacar o debate interno dentro da fronte. Desta volta a polémica xerada polo estancamento dos resultados nas eleccións xerais é tan notoria que resulta imposíbel imputala a maquinacións externas.

Na próxima Asemblea Nacional do 28 e 29 de xaneiro está en xogo o futuro a medio prazo da fronte. Non só pola nova advertencia dos Irmandiños, que insisten nunha refundación e volta ao asemblearismo como única alternativa a marchar do Bloque. Tamén polo renovado desafío de Máis Galiza ao liderado da UPG e polas críticas dos comunistas ante a suposta deslealdade dos seus compañeiros na fronte.

None

A UPG advirte que non tolerará "actitudes deslixitimadoras" do que vote a maioría

O partido maioritario no Bloque fixo pública a súa análise do 20N a través dunha editorial no dixital Terra e Tempo. Ao contrario que o voceiro nacional ao que apoia, a UPG non cualifica o resultado de "moi bo", pero si destaca o mantemento dos dous deputados nunha contorna supostamente adversa.

Tres son, na súa opinión, os factores que impediron captar votos do PSOE: a "carencia de cohesión interna que aparece magnificada para fóra", o "déscrédito e a frustación derivada dalgunhas experiencias de goberno" e a "política informativa, en medios públicos e privados, tan descaradamente agresiva e manipuladora, cando non ocultadora, coa alternativa nacionalista".

Noutras palabras, a UPG argumenta que críticas constante como as de Beiras, o recente e polémico paso polo poder na  Xunta liderado por Quintana e a suposta  persecución dos medios ao Bloque impediron medrar cando o PSOE emborcou.

Para o partido que lidera Francisco Rodríguez a recuperación pasa por "restaurar a unidade interna". E tamén lanza unha advertencia que parece unha invitación a marchar aos que non acaten o que vote a maioría dos militantes pois sinala que cómpre unha dinámica "onde non se permitan comportamentos e actitudes deslexitimadoras das decisións democraticamente tomadas".

Máis Galiza acusa a Guillerme de "triunfalista"

Unha interpretación que difire coa de Máis Galiza, a segunda corrente máis numerosa na fronte e máis próxima ao centro. "E precisa unha análise moito máis profunda e autocrítica do resultado electoral que a excesivamente triunfalista realizada polo Portavoz Nacional do BNG e refrendada por unha parte da Executiva", argumenta o Consello Nacional dos 'exquontanistas'.

O partido que lidera Carlos Aymerich entende que a lixeira caída de sufraxios "parécenos especialmente grave nun contexto no que o PSOE en Galiza perde 300.000 votos, que foron parar  en menor medida a Esquerda Unida (cun importante repunte no noso País) e en maior medida á abstención".

Para Máis Galiza o Bloque saiu tocado do 20N porque "non só non foi capaz de capitalizar ese voto descontento do PSOE, senón que mesmo perdeu parte do seu electorado", especialmente entre os máis mozos. O BNG perdeu case 30.000 votos e unhas décimas de porcentaxe de votos válidos.

E cal é a alternativa do grupo do voceiro parlamentario do Bloque? A solución pasa, na súa opinión por "cambios políticos, organizativos, de mensaxe e de liderado" para atraer novos votantes.

Táboas entende que se marcha Guillerme debe marchar toda a Executiva

O chamamento da UPG á unidade do Bloque e a conformación dunha lista integradora para a próxima Asemblea Nacional xa se pode desbotar a esta altura. Haberá guerra por captar cada un dos votos dos afiliados e lograr así, o liderado do nacionalismo.

A primeira batalla desa guerra será este sábado, onde o Consello Nacional deberá tratar a posta a disposción do cargo realizada por Guillerme Vázquez. O político pontevedrés xa aclarou que non pretende dimitir, só demostrar que el non vai ser impedimento algún para a unidade do Bloque.

Cuestionada sobre o futuro de Guillerme, a deputada e ex-conslleira Teresa Táboas dixo este martes que no Bloque non hai cargos unipersoais polo que, de ter que asumir responsabilidades polos resultados do 20N, debería dimitir toda a Executiva.

Carta aos afiliados sen autocrítica

Iso si, mentres agroman as críticas cruzadas entre as correntes, de portas para fóra o BNG, cuxo apartado goberna democraticamente a UPG, tenta transmitirlle aos seus afiliados unha análise positiva do resultado do 20N.

A fronte mandou hoxe unha misiva a todos os seus militantes na que non hai autocrítica. Na carta Guillerme Vázquez volve a insistir na mala influencia dos medios no electorado nacionalista ao lembrar que "despois das eleccións municipais de Maio deste mesmo ano publicáronse diversos artigos e mesmo estudos con prospección de voto en que se anunciaba a desaparición do Bloque Nacionalista Galego do Congreso". Por iso di que "podemos celebrar lexitimamente (...) que Galiza terá voz no Congreso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 139 comentarios

35 ramiro

Aymerich volverá a pactar ca UPG e arrinconarán o encontro irmandiño. Nada novo baixo o sol. O gris Aymerich da man de Paco Zarzuela. Ou son xenerosos (que non o van ser), presenta caras novas e non queimadas de todos grupos (Taboas,Noriega, Lores) ou que se olviden. Aymerich e o mesmo que Guillerme: outra vella gloria que levan anos e anos ahí e cunha imaxe publica nada atractiva

34 Black Crow

Aymerich, déjate de patochadas porque ya no cuela, todos sabemos que eres una marca blanca de Paco Rodriguez, así que deja de hacer el gili y si quieres preséntarte hazlo por la lista de la U. Por cierto, Paco ... Retírate!! Camilo, déjate de maniobras orquestales porque de esta no os vais a colocar ni tú ni tu hijiña. Retírate!! Beiras, te tenemos calado, tú al final te vas a conformar con un puesteciño para que puedes seguir en el candelabro, porque tú necesitas los focos para hacer la función clorofílica. Retírate!! Bautista, una cosa es Galicia y otra Corea Del Norte. Retírate!! Teresa, Martiño, amigos, estámos on vosotros. No os presentéis al Congreso Paripé, no seais otra vez los tontos útiles de las momias perdedoras de siempre. Ahora es el momento.

1 CranioF

Como sigas así non vai quedar ningún. ¿Porqué te preocupas tanto do BNG? A mín fanme botar risas.

2 Rayleigh

Que curioso cranio..A mín pásame o mesmo contigo. Eres moi gracioso. Segue así.

33 Rayleigh

Sinceiramente, alguns dos comentarios "criticos" que vexo por aquí dan verdadeira mágoa: "a culpa é da UPG", "A UPG que mala é", "a UPG o que busca é colocar xente"..E de ahí non saen. Os números non enganan. A UPG, porcentualmente, representa SÓ o 15% dos militantes. Polo que as preguntas son: quenes son máis culpables? Os que o fan ou os que deixan facelo? Os que máis choran son os que non son quenes de quitarlle o poder a un 15% do BNG? Deberían de preguntarse o porqué: Quizáis por que non enganchan o 85 % restante? Por que son partidiños ou correntes que non son máis que os que saen falando nas roldas de prensa?

1 Xan Lois

Rayleigh, estás ancorado/a no pasado. O BNG actual é ApU, +G, MI e MpB. A executiva está formada por 7 de ApU, 7 de +G e 1 do MpB. A opinión de "partidiños ou correntes" querendo dicir unha parte pequena sería aplicable se acaso ao MpB.

2 Rayleigh

Pero que me contas a min? Cóntallo a todos os que choran polo poder da UPG que non saen desto. Sintoó..paso das siglas. Xa deixei ben claro o que penso deste tema e para min é BNG, a secas que é o que voto. As miñas críticas ou concordancias van ó BNG no seu conxunto. Se o fan mal, fanno mal TODOS e viceversa. Se por min fora, disolvería todolos reinos de taifas do BNG. Non serven para nada. E quen non quixera, porta.

3 ramiro

Eso de que o 15% dos militantes son da UPG é mentira. Unha cousa e que non teñan o carnet da UPG e otra que non haxa un % importante de supostos "independentes" que fan total seguidimos do que marcan os lideres da mafia comunista. Non se cuestionan nada, nen teñen criterio. Son da UPG, pero sen o carnet. Eso si queres vendello a un terceiro. Os que militanos hoxe ou no pasado no bng sabeoms de que falamos. HIPÓCRITA

4 Rayleigh

Hipócrita por que? Eu estou falando de militantes. E isto defínese por carnets. As simpatías ou non dos que non teñen carnet, como comprenderás non se pode cuantificar o seu número. Sen embargo, algo disto debe haber cando cun 15% de militantes, teñen tanto poder. Así que, xa me explicarás o de hipócrita. E senón, respira.

5 serafín

O opinante Rayleigh, que nunca militou nin pisou nunha asemblea, fala da feira polo que lle contaron. No BNG hai control total da UPG (salvo contadas comarcas, como Monforte, que non son moito de fiar maila a ser irmandiños). Así foi no pasado e así é no presente. Evidentemente a UPG conta con supostos independentes, ou membros de outros grupos, que bailan ao seu son a cambio de estar colocados (desde o Guillerme actual, pasando polo Quintana do pasado, ou o Aymerich no futuro, o mesmo Beiras que traicionou aos compañeiros de Esquerda Nacionalista, outros por un postiño no sindicato...). Pois iso, a UPG é a axencia de colocación do BNG, e hoxe mamar do público é a prioridade de moito militante nacionalista.

6 Rayleigh

Di que si Serafin...Coma sempre poñendo a nota humorística nos debates. Ti eres dos que pasa lista e o que leva os cafés, non? Que si Serafín.. Seguro que Obama e o Papa tamén son da UPG e conspiran contra os bos e xenerosos militantes do BNG que soportan a tremenda dictadura da UPG. Éche unha conspiración mundial! Como podemos ver tamén no teu post, vemos a túa vocación claramente "democrática". Primeiro, desprezas o meu dereito a opinar (seica debo ser o único que non é militante por aquí, non homiño?) e logo unha mostra de que se chegas acordos con algúen que non é da túa corda, xa é unha baixada de pantalóns. Ou é que a miña opinión de que deben desaparece-las tribos ou considerar o BNG no seu conxunto, perxudicaríate no teu postiño? Tápate rapaz, que se te ve o plumeiro.

7 serafín

Manteño que teño dificultade para entenderme cun españolista, sendo racial o seu complexo, como Rayleigh. Mais imos repetir para deixar claro: 1º. Se non coñeces o BNG por dentro (non militas, non asistes ás asembleas) só podes saber polo que che conten. 2º. Ninguén che impide opinar, mais o valor dos que miran desde fóra está devaluado. 3º Non preciso recorrer ao bispo de Roma, nen ao emperador das Américas, poño nomes de aquí e agora que evidencian os feitos. 4º. Non teño nen pretendo posto no BNG, se cadra es ti quen defendes a merenda. 5º. O humor é outra cousa, tampouco agardo que o comprendas.

8 Keki

Rayleigh, nom o leves a mal, pero "quenes" nom existe em galego, como tampoco existe "alguenes". Saúde!

9 Keki

Travou-se-me a tecla, queria dizer "como tampouco" ...

10 Rayleigh

Interesantes as túas aportacións, Serafín o onmiscente. Se tanto te molestan uns (a UPG) coma os outros (os que pactan) estás por estar no BNG, verdade? Ou é algunha clase de perversión sadomaso? Comprendo cas miñas opinións palidecen comparadas cas túas. Quizáis poderasme dicir onde podo atopalas por que, que eu saiba, as únicas que coñezo son as que me mandan a buscar merendas a varios sitios dependendo dos días. O que me contan? Pois tendo en conta que a maioría sodes "críticos", pois vos saberedes o que contades. Podes recuar todo o que queiras, pero xa diches a túa opinión "democrática". Xa cho puxen antes: son o único non militante, non homiño? Pero sen embargo, son o único a quen atacas (bastante pobremente, por certo) o que me leva a preguntarme o porqué. Agradézoche a correción keki. Espero que fagas o mesmo cos lusistas que pululan por aquí e din que falan galego. Unha aperta.

11 Manuel P.

Hai que andar ben aburrido para vir ao foros a correxir sobre o uso do galego.... Así nos vai que logo vas a un debate do BN BNGguai da Uhh Uhh e botan o 90% do tempo con debates esteriles dese tipo. ¡Vexo que algún xa ten a cabeza ben Apacorrada!

12 Rayleigh

A ver Serafín...fágome militante do BNG, e logo que? Teño que buscar algunha tribo, non? Cal me recomendas?: UPG, MpB, MGS, EI, +GZ, EN, EG, PNG-PG, Colectivo Ínzar,...Fáltanme 2-3 máis, creo (mirade como está o patio). Veña Serafín..a onde vou? Quero ser un militante guai coma ti.

13 Keki

Manuel: levas razom, meu. Corrigir e aprimorar o nosso galego é uma cousa "estéril" e "aburrida". Para que fazê-lo se já sabemos que o galego é essa Língua que qualquer lerchám pode falá-lo e nom precisa correçom nenguma... Grande nacionalista! (assim nos vai!)

14 Keki

Rayleigh, pois é: fago igual com todos, independentemente da normativa empregada. Aperta, meu.

15 serafín

Os lusistas falan galego, e se ti non diferenzas fala e escrita tes un problema que non é menor... Mais o teu racismo estimado Rayleigh semella que pode por riba dos argumentos. Polo demais eu non che recomendo ningún grupo dentro do BNG, pois son dos que penso que a esperanza deste país está agora mesmo máis fóra que no interior do BNG. Non pidas que cho explique, ti tes razóns de peso para non entendelo!

16 Rayleigh

Pois entón por que me criticas que non estea dentro? Un do interior critica a outro do exterior por que non está non interior, ó mesmo tempo que di que o futuro está no exterior, non? Si si..fora! Non mo digas!! CXXI? Ah non..espera. Xa sei! Causa Galiza!! Tes razón!! Góstame Dragon Ball en galego, xúntome con outros e pedimos o ingreso nese clube que, SEGÚN ELES, nin se presentan nin son alternativa a nada. Menudo fututo, eh!! E aínda estou esperando dos falabaratos coma ti, que me expliquen o meu "racismo" por que considero que se temos verbas como "pesquisa" que se diferencia de "búsqueda" como un ovo a unha castaña, temos que empregar "pescuda". Segue divirtíndome..

17 Rayleigh

Ah...e non te creas listo. Simplemente non o explicas por que non sabes como explicarte sen provocar carcaxadas. O homiño fala de futuro..Uns xuntan apenas 1000 votos e parece que conseguiron maioría absoluta. Outros andan perdidos en bares facéndose os machos alfa do nacionalismo coa hilarante idea de que a xente vainos ir buscar convocando manifas que non xuntan nin 20 persoas. E por media, xentiña pontificando dende a distancia sen mancharse nin dar máis dun paso fora do seu blog ou columna. Si si..vexo o futuro si!!

18 serafín

Rayleigh, o teu atrevemento é grande! Deberías saber que o termo "pescuda" é tan galego como portugués, pola contra "carcaxada" quedaría mellor como "gargallada" ou "gargalhada". Polo racismo, eu non preciso diminutivos como "homiño" e "xentiña", gosto máis dos argumentos. A ti xa te coñecemos de vello, por iso non te agardamos nin precisamos cos teus vicios sen corrixir.

19 Rayleigh

Sabes Serafin por que pásome por onde ti sabes os insultos que me adicades? Por que mentras me ataquedes a min e non o que digo, imos ben. Seguide perdendo o tempo en chamarme mantido, racista, españolista...Argumentos? Volvo a preguntarte: onde podo atopar perlas da túa sabidoría? Sobre todo relacionado con ese excelso futuro para o nacionalismo fóra do BNG. Estouche moi interesado nelo. A panda de amigos de Terra Galega? Ou quizáis os do PG que colocaron a Carlos Marcos hai 4 anos? Xa está!! Os da FPG (que teñen todo o meu respeto. Polo menos, levan anos de traballo serio) que apenas chegan a 4000 votos? Se non me dis a que tribo do BNG téñome que unir, polo menos dime que panda de amigos son os elefantes brancos do nacionalismo galego para ese brillante futuro.

32 Helena

3º A culpa é da prensa, dos medios, das enquisas e da "conspiración xudeo-masónica", coma sempre. Esta teoría queda confirmada ao saber que cando o BNG tivo o maior apoio electoral -no final da década dos noventa- todo se debía a que La Voz, o Faro, La Región, El País, El Diario de Pontevedra, a TVG, a TVE, Telecinco, etc., eran medios afíns ao nacionalismo galego.

31 Helena

2º A culpa é do paso polo goberno da Xunta. Pero iso xa foi avaliado nas eleccións do 2009 e daquela houbo 270.712 votos. Por outra banda, no progresivo descenso do voto nas xerais (306 mil no 2000, 208 mil no 2004, 212 mil no 2008, 183 mil no 2011) foi precisamente no 2008 -etapa de goberno- no único momento en que se paralizou a tendencia