Máis Galiza pide un cambio de mensaxe e de líder no Bloque

A UPG advirte que non tolerará máis "actitudes deslixitimadoras", ás que culpa do estancamento do 20N. O BNG fuxe da autocrítica nunha carta a militancia.

Por Walter Burns | Santiago | 22/11/2011 | Actualizada ás 23:33

Comparte esta noticia

Unha das críticas recorrentes da cúpula do BNG aos medios é a suposta énfase en destacar o debate interno dentro da fronte. Desta volta a polémica xerada polo estancamento dos resultados nas eleccións xerais é tan notoria que resulta imposíbel imputala a maquinacións externas.

Na próxima Asemblea Nacional do 28 e 29 de xaneiro está en xogo o futuro a medio prazo da fronte. Non só pola nova advertencia dos Irmandiños, que insisten nunha refundación e volta ao asemblearismo como única alternativa a marchar do Bloque. Tamén polo renovado desafío de Máis Galiza ao liderado da UPG e polas críticas dos comunistas ante a suposta deslealdade dos seus compañeiros na fronte.

None

A UPG advirte que non tolerará "actitudes deslixitimadoras" do que vote a maioría

O partido maioritario no Bloque fixo pública a súa análise do 20N a través dunha editorial no dixital Terra e Tempo. Ao contrario que o voceiro nacional ao que apoia, a UPG non cualifica o resultado de "moi bo", pero si destaca o mantemento dos dous deputados nunha contorna supostamente adversa.

Tres son, na súa opinión, os factores que impediron captar votos do PSOE: a "carencia de cohesión interna que aparece magnificada para fóra", o "déscrédito e a frustación derivada dalgunhas experiencias de goberno" e a "política informativa, en medios públicos e privados, tan descaradamente agresiva e manipuladora, cando non ocultadora, coa alternativa nacionalista".

Noutras palabras, a UPG argumenta que críticas constante como as de Beiras, o recente e polémico paso polo poder na  Xunta liderado por Quintana e a suposta  persecución dos medios ao Bloque impediron medrar cando o PSOE emborcou.

Para o partido que lidera Francisco Rodríguez a recuperación pasa por "restaurar a unidade interna". E tamén lanza unha advertencia que parece unha invitación a marchar aos que non acaten o que vote a maioría dos militantes pois sinala que cómpre unha dinámica "onde non se permitan comportamentos e actitudes deslexitimadoras das decisións democraticamente tomadas".

Máis Galiza acusa a Guillerme de "triunfalista"

Unha interpretación que difire coa de Máis Galiza, a segunda corrente máis numerosa na fronte e máis próxima ao centro. "E precisa unha análise moito máis profunda e autocrítica do resultado electoral que a excesivamente triunfalista realizada polo Portavoz Nacional do BNG e refrendada por unha parte da Executiva", argumenta o Consello Nacional dos 'exquontanistas'.

O partido que lidera Carlos Aymerich entende que a lixeira caída de sufraxios "parécenos especialmente grave nun contexto no que o PSOE en Galiza perde 300.000 votos, que foron parar  en menor medida a Esquerda Unida (cun importante repunte no noso País) e en maior medida á abstención".

Para Máis Galiza o Bloque saiu tocado do 20N porque "non só non foi capaz de capitalizar ese voto descontento do PSOE, senón que mesmo perdeu parte do seu electorado", especialmente entre os máis mozos. O BNG perdeu case 30.000 votos e unhas décimas de porcentaxe de votos válidos.

E cal é a alternativa do grupo do voceiro parlamentario do Bloque? A solución pasa, na súa opinión por "cambios políticos, organizativos, de mensaxe e de liderado" para atraer novos votantes.

Táboas entende que se marcha Guillerme debe marchar toda a Executiva

O chamamento da UPG á unidade do Bloque e a conformación dunha lista integradora para a próxima Asemblea Nacional xa se pode desbotar a esta altura. Haberá guerra por captar cada un dos votos dos afiliados e lograr así, o liderado do nacionalismo.

A primeira batalla desa guerra será este sábado, onde o Consello Nacional deberá tratar a posta a disposción do cargo realizada por Guillerme Vázquez. O político pontevedrés xa aclarou que non pretende dimitir, só demostrar que el non vai ser impedimento algún para a unidade do Bloque.

Cuestionada sobre o futuro de Guillerme, a deputada e ex-conslleira Teresa Táboas dixo este martes que no Bloque non hai cargos unipersoais polo que, de ter que asumir responsabilidades polos resultados do 20N, debería dimitir toda a Executiva.

Carta aos afiliados sen autocrítica

Iso si, mentres agroman as críticas cruzadas entre as correntes, de portas para fóra o BNG, cuxo apartado goberna democraticamente a UPG, tenta transmitirlle aos seus afiliados unha análise positiva do resultado do 20N.

A fronte mandou hoxe unha misiva a todos os seus militantes na que non hai autocrítica. Na carta Guillerme Vázquez volve a insistir na mala influencia dos medios no electorado nacionalista ao lembrar que "despois das eleccións municipais de Maio deste mesmo ano publicáronse diversos artigos e mesmo estudos con prospección de voto en que se anunciaba a desaparición do Bloque Nacionalista Galego do Congreso". Por iso di que "podemos celebrar lexitimamente (...) que Galiza terá voz no Congreso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 139 comentarios

30 Helena

1º Exemplos de cohesión interna son os artigos de Bautista Álvarez en Terra e tempo ou as opinións de Paco Rodríguez na prensa que historicamente marcaron a axenda do BNG, por exemplo, dicindo que había que substituir ao candidato Beiras. ¿Deslixitimación das decisións democraticamente tomadas?

29 María Lois

Carlos sempre pactou coa UPG ao final. Vanlle dar o posto de candidato á Presidencia da Xunta, total ... a Presindencia está moi lonxe, verdade Carlos?

28 María Lois

É o momento de refundar o BNG e de poñer o instrumento en marcha e non de pelexar por postiños?

27 Obi

Agardo que como parece o candidato de +Galiza non sexa Aymerich, ten corresponsabilidade nos resultados actuais. Unha figura como Táboas con amizade con Brasil e presentada ao carón de Dilma pode atraer a moito e en concreto voto feminino urbano, así como reactivar unha canle de trasvase do PSOE ademáis de que ten que ser o BNG quen presente por primeira vez a unha muller a ser presidenta do país.O BNG só se reactiva se deixan entrar na elección do candidato á cidadanía, 100% seguro. Aymerich reacciona e deixa paso.

1 Koroshiya Itchy

Eu também voto por Táboas. Tem ideias próprias (uma cousa que o BNG castigou duramente até agora), representa melhor a imagem de mudança é já é hora que a Galiza tenha uma presidenta.

2 Koroshiya Itchy

Também é mais carismática e melhor comunicadora, cousa que o Bloco precisa desesperadamente. Eu não tenho nada contra Guilherme Vázquez nem Carlos Aymerich, mas é começarem eles a falar e o meu cérebro desligar automaticamente.

26 chusco

+G nn pode liderar o BNG mentres nn sexan capaces de pnsar antes n BNG q nos seus propios intereses...Véxase o manifesto dos alcaldes e demáis "reflexións" q se fan nos medios de comunicación ants que no seo interno da org. e curiosamente en épocas electorais.Cómo se poden atrever a suxerir a dimisón da executiva x uns resultados electorais aos q eles contribuiron coa súa estratexia de acoso á UPG?Cómo se atreven se quera a chamarse BNG?Cómo se atreven a decir que defenden Galiza cando o único que lles importa e ter un bo sitio onde sentar os seus cus?Acaso nn se presentaron os seus candidatos as eleccións?D feito a número 4 de Ourense é pepera..así nós vai..fichaxes do Quin..Por non falar dos ladróns..Sánchez Vidal,García Mata..A mensaxe é clara, quen non queira sumar no BNG mande quen mande, q marche, e esto vale para as tres agrupacións. O q é ilóxico e pasar un ano raxando da direccon do bloque nos medios e pensar que se van ter bos resultados, é imposible

1 berto

"Cómo se atreven a decir que defenden Galiza cando o único que lles importa e ter un bo sitio onde sentar os seus cus?", xustamente iso é o BNG de hoxe: +Galiza, os mesmos irmandiños (con beiras presidindo a subvencionada fundación Galiza Sempre) e tamén -por suposto- a UPG. Con este BNG non hai futuro, hai negocio para os amamantados.

2 Keki

Pois é: que necessidade hai de andar juntinhos a paus podendo estar cada quem tranquilo na sua casa?

3 Keki

Quando um matrimónio anda a paus, o normal é separar-se/divorciar-se..

4 ramiroderabade

Aqui os que roubaron foron os caciques da UPG montando a sociedade Carrumeiro,S.A. para desviar fondos, dirixida por Alberte Ansede. Que poucos luces tes chusco. Piden a dimisión da executiva na que eles TAMEN están representados. Os unicos que miran polos seus intereses son os upegallos que non teñen oficio mais ala do politico (Taboas ou Aymerich e xente que destacou no ambito privado) Nada rapazolo, que che sigan lavando a cabeza na igrexa e sodomizando pacorro zarzuelas, que é do que mais gosta.

5 Xelo

O afillado de Meilán Gil quere liderar o BNG ( hai tempo que o ten pactado con Paco Rodriguez, desde a conformación das listas electorais municipais en Ourense). http://www.elpais.com/articulo/Gali...