Máis Galiza pide un cambio de mensaxe e de líder no Bloque

A UPG advirte que non tolerará máis "actitudes deslixitimadoras", ás que culpa do estancamento do 20N. O BNG fuxe da autocrítica nunha carta a militancia.

Por Walter Burns | Santiago | 22/11/2011 | Actualizada ás 23:33

Comparte esta noticia

Unha das críticas recorrentes da cúpula do BNG aos medios é a suposta énfase en destacar o debate interno dentro da fronte. Desta volta a polémica xerada polo estancamento dos resultados nas eleccións xerais é tan notoria que resulta imposíbel imputala a maquinacións externas.

Na próxima Asemblea Nacional do 28 e 29 de xaneiro está en xogo o futuro a medio prazo da fronte. Non só pola nova advertencia dos Irmandiños, que insisten nunha refundación e volta ao asemblearismo como única alternativa a marchar do Bloque. Tamén polo renovado desafío de Máis Galiza ao liderado da UPG e polas críticas dos comunistas ante a suposta deslealdade dos seus compañeiros na fronte.

None

A UPG advirte que non tolerará "actitudes deslixitimadoras" do que vote a maioría

O partido maioritario no Bloque fixo pública a súa análise do 20N a través dunha editorial no dixital Terra e Tempo. Ao contrario que o voceiro nacional ao que apoia, a UPG non cualifica o resultado de "moi bo", pero si destaca o mantemento dos dous deputados nunha contorna supostamente adversa.

Tres son, na súa opinión, os factores que impediron captar votos do PSOE: a "carencia de cohesión interna que aparece magnificada para fóra", o "déscrédito e a frustación derivada dalgunhas experiencias de goberno" e a "política informativa, en medios públicos e privados, tan descaradamente agresiva e manipuladora, cando non ocultadora, coa alternativa nacionalista".

Noutras palabras, a UPG argumenta que críticas constante como as de Beiras, o recente e polémico paso polo poder na  Xunta liderado por Quintana e a suposta  persecución dos medios ao Bloque impediron medrar cando o PSOE emborcou.

Para o partido que lidera Francisco Rodríguez a recuperación pasa por "restaurar a unidade interna". E tamén lanza unha advertencia que parece unha invitación a marchar aos que non acaten o que vote a maioría dos militantes pois sinala que cómpre unha dinámica "onde non se permitan comportamentos e actitudes deslexitimadoras das decisións democraticamente tomadas".

Máis Galiza acusa a Guillerme de "triunfalista"

Unha interpretación que difire coa de Máis Galiza, a segunda corrente máis numerosa na fronte e máis próxima ao centro. "E precisa unha análise moito máis profunda e autocrítica do resultado electoral que a excesivamente triunfalista realizada polo Portavoz Nacional do BNG e refrendada por unha parte da Executiva", argumenta o Consello Nacional dos 'exquontanistas'.

O partido que lidera Carlos Aymerich entende que a lixeira caída de sufraxios "parécenos especialmente grave nun contexto no que o PSOE en Galiza perde 300.000 votos, que foron parar  en menor medida a Esquerda Unida (cun importante repunte no noso País) e en maior medida á abstención".

Para Máis Galiza o Bloque saiu tocado do 20N porque "non só non foi capaz de capitalizar ese voto descontento do PSOE, senón que mesmo perdeu parte do seu electorado", especialmente entre os máis mozos. O BNG perdeu case 30.000 votos e unhas décimas de porcentaxe de votos válidos.

E cal é a alternativa do grupo do voceiro parlamentario do Bloque? A solución pasa, na súa opinión por "cambios políticos, organizativos, de mensaxe e de liderado" para atraer novos votantes.

Táboas entende que se marcha Guillerme debe marchar toda a Executiva

O chamamento da UPG á unidade do Bloque e a conformación dunha lista integradora para a próxima Asemblea Nacional xa se pode desbotar a esta altura. Haberá guerra por captar cada un dos votos dos afiliados e lograr así, o liderado do nacionalismo.

A primeira batalla desa guerra será este sábado, onde o Consello Nacional deberá tratar a posta a disposción do cargo realizada por Guillerme Vázquez. O político pontevedrés xa aclarou que non pretende dimitir, só demostrar que el non vai ser impedimento algún para a unidade do Bloque.

Cuestionada sobre o futuro de Guillerme, a deputada e ex-conslleira Teresa Táboas dixo este martes que no Bloque non hai cargos unipersoais polo que, de ter que asumir responsabilidades polos resultados do 20N, debería dimitir toda a Executiva.

Carta aos afiliados sen autocrítica

Iso si, mentres agroman as críticas cruzadas entre as correntes, de portas para fóra o BNG, cuxo apartado goberna democraticamente a UPG, tenta transmitirlle aos seus afiliados unha análise positiva do resultado do 20N.

A fronte mandou hoxe unha misiva a todos os seus militantes na que non hai autocrítica. Na carta Guillerme Vázquez volve a insistir na mala influencia dos medios no electorado nacionalista ao lembrar que "despois das eleccións municipais de Maio deste mesmo ano publicáronse diversos artigos e mesmo estudos con prospección de voto en que se anunciaba a desaparición do Bloque Nacionalista Galego do Congreso". Por iso di que "podemos celebrar lexitimamente (...) que Galiza terá voz no Congreso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 139 comentarios

20 Upegallo na ola

Os resultados son excelentes, para que non o entenda voullo explicar de forma doada. O BNG ten unha serie de traballadores no partido (ademais dos cargos políticos), case todos por certo da UPG porque somos máis listos, mellores galegos e máis BNGuais. Sabemos todos os lemas e repetímolos coma ninguén, ademais somos facilmente domesticables porque despois de anos de inanición laboral tragamos co que sexa. Dende ese punto de vista, os dous deputados supoñen unha inxección económica moi grande que nos permitirá defender aos galegos, máis iso é algo coxuntural, o excelente resultado é porque imos poder pagar nóminas 4 anos máis e logo xa se verá, ¡Maló será, vivamos como galegos!

1 bouzas

Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. O que queira entender que entenda!

2 Cambadés

Exactamente

3 Keki

"Upegallo na ola"? Está cozido ou ainda em lume brando?

19 Koroshiya Itchy

O nacionalismo galego, como a esquerda em geral, é muito bom na oposição. É bom a criticar as contradições dos governos e a alertar sobre as consequências nefastas de determinadas políticas. A questão é: que propõe? Porque a direita propõe um modelo baseado nos dogmas da escola de Chicago: a planificação da economia por parte dos Estados não é boa porque distorce o mercado; o mercado é um ente perfeito e auto-regulado; quanto melhor lhes vaia aos ricos, melhor nos irá a todos; o privado é sempre melhor e mais eficiente do que o público; vivemos no melhor dos mundos possíveis e cada um tem o que merece; a lei da selva e o darwinismo social.

1 Koroshiya Itchy

Pela sua banda, a social-democracia tipo PSOE propõe uma versão "dulcificada" da mesma cousa. Um liberalismo um bocadinho mais "caritativo". Depois temos a esquerda radical que propõe a ditadura do proletariado. Mas que propõe exatamente a esquerda chamada "possibilista"? Que propõe o nacionalismo galego? Que modelo de país, que modelo de sociedade, que modelo de desenvolvimento económico? Para além de pacotes de medidas dispersas, ninguém sabe. Não há um projeto de governo, nem uma proposta coerente de modelo socioeconómico. Não há um plano a longo termo. Não há uns objetivos estratégicos cujo comprimento deve ser verificado.

2 Koroshiya Itchy

Queria dizer "cumprimento", no sentido de avaliação de resultados. Não de resultados eleitorais, mas de resultados dum programa estratégico a longo prazo.

3 castelo

Moi de acordo. O BNG de hoxe non se sabe que nacionalismo defende (semella moitas veces unha copia do de CiU, a dereita catalana que se preocupa dos intereses dos poderosos) querendo facer á vez un discurso de esquerda (dos anos setenta, que non choveu). E si precisamos unha forza de esquerda de verdade e tamén de obediencia 100% galega, por iso hai que actualizar o ideario: hoxe o problema non é Madrid -no seu lugar está Bruselas-, as identidades e as fronteiras son permeables, moitos -case todos- os problemas de Galiza son causados polos mesmos galegos (tamén os do BNG cando tocan poder, o clientelismo segue)... É preciso revisar todo o ideario, mais o BNG xa non é a forza tranformadora que terá a confianza dois galegos. Non quere crítica, só manter o poder mísero que lle queda para acomodar as ovellas.

4 Antón

Ben dito Koroshiya, tes toda a razón, menos mal que hai algunha obxetividade como a tua en meio de tanta mediocridade de comentaristas todólogos.

18 xan

Penso o meu modo de ver que seguimos sen ver os fallos: Non somos abertos a sociedade, non planteamos un programa, nin aportamos os executores de ese programa. Este programa debería ser consensuado entre os partidos conformantes da coalición e polo tanto e igualdade e coa suficiente xenerosidade para conceder un acordo de mínimos e por último tratar cada partido dende a súa perspectiva de facer a máxima militancia posible e polo tanto a maior penetración na sociedade. A autocrítica debe server para confeccionar documentos internos que aporten luz os erros que nunca se deben repetir. Tódalas opinións son válidas pero tal vez dentro duns cauces internos , da a sensación que non existen na actual organización ou que realmente non existe organización porque as correntes son correntes de amigos e non de estan organizadas.

17 Xanti

FORA OS PARTIDOS DO BNG XA!!!!!!!!!!!!!!

16 observador

Lembrades o que dicían os da U nas municipais nos concellos de candidato non-U cando se baixaba 1 voto?. Os resultados son malos, serían moi malos se se perdese algún deputado. Son malos porque o PSOE perde 300000 votos e o BNG deses 300000 non recolle nin 1 voto, e perde 30000.¡¡¡¡No ano 2000 cunha coxuntura similar coa maioría de Arnar o BNG acadaba o 18% do electorado. Conclusión: A xente non ve alternativa no BNG. Porqué? porque está farta do seu sectarismo upegallo, de pacorro e as súas disquisicións perralleiras, votaría a un nacionalismo de esquerdas moderno e ó BNG véo desfasado. Non toda a xente é coma min, que votei BNG porque é o que queda...

1 Gustavo

Así o penso eu tamén