A Deputación da Coruña inicia a retirada de distincións a persoas vinculadas co franquismo

A Deputación da Coruña incoará o correspondente expediente, seguindo os procedementos oportunos para invalidar todas as distincións, nomeamentos, títulos honoríficos e demais formas de exaltación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2019 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade unha declaración institucional para a retirada de honras e distincións a persoas vinculadas co levantamento militar de 1936 e ao franquismo. Como paso previo, aprobouse a elaboración dun catálogo de honras, distincións e simboloxía franquista e iniciarase o expediente para a eliminación da simboloxía franquista dos edificios.

Cos votos a favor de PSdeG, BNG, PP, Marea Atlántica, Alternativa dos Veciños e Compostela Aberta, a totalidade dos grupos con representación, o pleno da Deputación aprobou a declaración institucional encamiñada a iniciar o proceso de retirada de honras e distincións ás persoas vinculadas co franquismo.

Co obxectivo de iniciar o proceso para a revogación das honras, a Deputación da Coruña incoará o correspondente expediente, seguindo os procedementos oportunos para invalidar todas as distincións, nomeamentos, títulos honoríficos e demais formas de exaltación de persoas que "participaron activamente no golpe militar e na represión da ditadura", así como tamén para eliminar a simboloxía franquista nos edificios pertencentes á institución provincial.

Acto na Coruña en cumprimento na Lei da Memoria Histórica
Acto na Coruña en cumprimento na Lei da Memoria Histórica | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta