Temas: ADN GARDA CIVIL

A Garda Civil mantén "todas as hipóteses abertas" sobre o falecido en Toques

O estado "practicamente carbonizado" do corpo provocará que as probas de ADN "demórense un pouco máis do normal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2019 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A Garda Civil mantén "todas as hipóteses abertas" na investigación sobre o cadáver localizado no interior dun vehículo nunha pista forestal de Toques (A Coruña) polos equipos de extinción dun lume rexistrado na zona o pasado mércores que afectou a unhas 27 hectáreas.

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, afirmou que os investigadores do Instituto Armado traballan "en varias liñas", incluída a posibilidade de que o home falecese de maneira violenta, como publica este sábado o diario La Voz de Galicia.

Con todo, sostén que este extremo non está confirmado, xa que aínda non se presentou o informe da autopsia practicada sobre o cadáver, cuxa identidade tampouco foi desvelada a falta de que conclúan as probas de ADN. Así, apuntou que o estado "practicamente carbonizado" do corpo provocará que as probas de ADN "demoren un pouco máis do normal".

Por tanto, as diferentes fontes  sosteñen que aínda non pode confirmarse que o home falecese de maneira violenta nin que se trate do veciño de Sobrado (A Coruña) ao que se relaciona coa propiedade do vehículo no que apareceu o corpo.

Ademais, a Consellería de Medio Rural mantén aberta a investigación para determinar a orixe do incendio, que se produciu "no mesmo momento" que a explosión do coche, aínda que "non se pode determinar con seguridade" que o lume se iniciase por mor da explosión, "pero foron simultáneos", segundo relataron fontes deste departamento o pasado xoves.

Axente Garda Civil. GARDA CIVIL
Axente Garda Civil. GARDA CIVIL

Temas: ADN GARDA CIVIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta