Temas: EDUCACIóN FP

Nove estudantes galegos conseguen medallas nas olimpíadas nacionais de Formación Profesional

Ademais dos 28 alumnos e os 26 docentes que participaron nesta competición oficial, outroS cinco estudantes de centros educativos galegos formaron parte destas demostracións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Un total de nove alumnos galegos conseguiron este sábado medallas en oito habilidades nas olimpíadas nacionais de Formación Profesional (FP) 'Spainskills 2019', que se celebran desde o pasado martes no recinto feiral Ifema de Madrid. Tal como asegurou a Xunta nun comunicado, o obxectivo destas olimpíadas de FP é mostrar a capacitación dos estudantes destes ensinos nun escaparate que "serve como lugar de encontro de institucións e empresas".

As 'Spainskills' celébranse cada dous anos e contan con representación de todas as comunidades autónomas. Os gañadores de medallas de ouro nesta competición representarán a España na 'Worldskills Kazan 2019', en Rusia, e na 'Euroskills Graz 2020', en Austria. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional destacou que, ademais dos 28 alumnos e os 26 docentes que participaron nesta competición oficial, outroS cinco estudantes de centros educativos galegos formaron parte destas demostracións.

Este sábado, Yamilia Sidati Novo conseguiu a medalla de ouro en Panadaría; Brais Mosquera Fontes, medalla de ouro en Ebanistería; David Ucha Pérez, medalla de prata en CNC Fresado; Brais Fernández Rocha, medalla de bronce en Tecnoloxía do Automóbil; Leonardo Arturo Lanzoy Saavedra e Rafael Regueiro Carballeira, medalla de bronce en Mecatrónica. Ademais, Alejandro Buján Pampín fíxose coa medalla de bronce en Administración de sistemas en rede; Víctor Paz Soage, medalla de bronce en Cociña, e Iria Díaz Granxa, medalla de bronce en Atención Sociosanitaria.

Estudantes dun ciclo d FP
Estudantes dun ciclo d FP | Fonte: EP

Temas: EDUCACIóN FP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta