A Xunta pide ao Goberno central que "se poña a traballar" para sanear a ría do Burgo

Solicita que reasigne os fondos europeos, xa que hai un "risco real" de perdelos se non se dá inicio ao compromiso acordado por parte do Executivo central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2019 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A Xunta pediu ao Goberno central que "se poña a traballar" e leve a cabo o seu compromiso para reasignar os fondos europeos necesarios para sanear a ría do Burgo na Coruña, posto que hai un "risco real" de perdelos se non se dá inicio ao compromiso acordado por parte do Executivo central.

A Xunta pide ao Goberno que 'se poña a traballar' para reasignar os fondos eu. XUNTAº
A Xunta pide ao Goberno que 'se poña a traballar' para reasignar os fondos eu. XUNTAº | Fonte: Europa Press

Así o manifestou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, antes de reunirse, xunto coa a conselleira do Mar, Rosa Quintana, coa Confraría de Pescadores da Coruña. Vázquez lembrou que en xaneiro o Goberno se comprometeu a "dirixirse ás institucións europeas" para conseguir que se destinasen fondos europeos para o saneamento da ría do Burgo. Pero, dous meses despois, "non temos avances", lamenta.

Por iso instou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a que "avance" e "realice o seu traballo comprometido" nesta materia, posto que "de seguir así se perderían os fondos", advirte a conselleira.

"Os fondos teñen un período de caducidade, neste caso caso 2014-2020", comentou a conselleira, que ademais, avanzou que o vindeiro luns acudirá á Comisión Europea, en Bruxelas, para abordar este asunto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta