A Xunta censura unha mostra de poesía escolar por expresións como "odio a tauromaquia" e "odio a violencia"

A Biblioteca Escolar Punta Candieira Cedeira critica a retirada dos poemas realizados polos alumnos de 4º de ESO.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2019 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A Biblioteca Escolar Punta Candieira Cedeira (A Coruña) denunciou a retirada dunha exposición no centro composta por poemas realizados polos alumnos de 4º de ESO, que fixeron con Carlos Negro.

Mostra de poesía censurada na Biblioteca Escolar Punta Candieira Cedeira.
Mostra de poesía censurada na Biblioteca Escolar Punta Candieira Cedeira.

Membros deste departamento do centro publicaron un comunicado en redes sociais no que defenden que estes traballos se realizaron no marco dun taller creativo que tomaba como punto de partida a proposta do mencionado escritor e que os alumnos desenvolveron "desde a súa propia imaxinación e orixinalidade literaria".

O equipo da biblioteca decidiu publicar estas pezas para celebrar o Día Internacional da Poesía, o pasado 21 de marzo, enchendo os corredores, as paredes e as escaleiras do centro das composicións impulsadas polos alumnos.

Segundo denuncia, a delación de parte dalgúns membros anónimos do claustro provocou a retirada da mostra, un acto que cualifican de "censura explícita".

Así, acusaron ao xefe territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, de dar a orde de retirar a exposición "con urxencia e inmediatez" e trasladaron "o seu rexeitamento ás medidas adoptadas pola dirección" do IES ante esta iniciativa.

A razón da queixa anónima parte dun dos textos realizados, con versos como 'odio todo o que empeza por odio', 'odio España', 'odio a tauromaquia', 'odio a violencia', 'odio o acoso', entre outros.

A Consellería de Educación asegura que "non se deu instrución" para a retirada da instrución, senón que se puxo en coñecemento da Inspección "a existencia dun texto que fomenta o sentimento de odio, algo que non ten cabida nun centro educativo".

O departamento responsable da Biblioteca do centro, con todo, defende a liberdade de expresión dos alumnos.

"A creación literaria forma parte do sentir cultural dos pobos e debe ser protexida polo dereito á liberdade de expresión. Os profesores que forman equipo nesta biblioteca así o entenden e por iso traballan, todos os días, todo o curso. As autoridades académicas deben velar polo dereito de expresión dos alumnos e de todos os seus administrados, segundo contemplan as leis educativas e tamén a propia Constitución", destacan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Milloca

Así, sin cortarse un pelo, PP on fire! O partido máis democrático de Europa e parte de España. Que entreguen os cargos, pidan perdón e que se esfarelen na lama de onde sairon.

1 Cedeira si

A liberdade de expresión para estes individuos só é aceptable se dis o que pensan eles ou non vai contra o que pensan eles.