Así se "impón" a lingua galega na infancia, en colexios, xulgados ou medios de comunicación

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/04/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística comezou este luns unha campaña de denuncia contra a “imposición” do galego. A través de cartaces que se repartirán polas diferentes localidades de Galicia e mais nas redes sociais, o organismo de defensa dos dereitos lingüísticos recorda que o ensino infantil en galego nas cidades non supera o 8%, que non hai máis dun 0,6% de xoguetes en galego e que o 22,7% das nenas e nenos galegos de 5 a 14 anos non saben falar na súa propia lingua.

campaña da Mesa sobre a suposta imposición da lingua galega
campaña da Mesa sobre a suposta imposición da lingua galega

Ademais, nesta campaña destaca que non existen diarios impresos en galego, só o 4% das canles de televisión que recibe a cidadanía galega recollen a súa lingua, as sentenzas en galego supoñen un 5% do total e as pólizas de seguro en galego, un 1%.

O portavoz da Mesa, Marcos Maceira, recorda que estes son só algúns dos centos de datos que, en todos os sectores, evidencian a ausencia absoluta de liberdade para o uso do galego por falta de dispoñibilidade. “Unha clara inferioridade de condicións que impide vivir en galego con toda normalidade”, asegura, “en igualdade e liberdade”.

Esta "situación de desigualdade no Estado español", di, conta co amparo de máis de 500 disposicións legais que obrigan á presenza do castelán, sen sequera ter en conta a existencia do galego. “Os datos demostran”, conclúe Maceira, “que o discurso da imposición tan utilizado polo Partido Popular só agocha a vontade de reducir a cero a xa precaria presenza do galego como tamén demostra a vontade de prohibir o coñecemento do galego no acceso ao funcionariado autonómico manifestada publicamente polos líderes estatais do PP”.

Hablemos Español, unha iniciativa para impulsar o castelán
Hablemos Español, unha iniciativa para impulsar o castelán
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Sands

Inmersión ou morte, non queda outra. Se todos reclamásemos, se todos fósemos firmes e reclamásemos esixindo a nosa lingua en todos os eidos ista situación mudaría en poucos anos. Inmersión lingüística en galego por lei. E punto.

3 uu1

Algúns aínda non perdoan que no idioma galego a lírica galego-portuguesa precedera en catro séculos a idade de ouro do castelán!

2 Sara

Hay que ser burros.Tenemos una riqueza que es la lengua gallega, y algunos pretenden destruirla.Deberian saber que su españa es algo mas que Madrid.Creo que todo Español debería saber, conocer y hablar todas las lenguas cooficiales del país. Un poco de cultura general no esta de mas, y el saber no ocupa nada. Non nos toquen a nosa lingua.Vive en Galego.

1 nostrus

El gallego no supone ninguna riqueza, mas bien un gasto. Pero sea como fuese es una realidad lingüistica social y mucha gente prefiere utilizar esta lengua y debido a que España es un democracia, es un derecho utilizarla. Los murcianos no la tienen y son tan felices como nosotros. El gallego debe usarse solo porque apetece y no convertirlo en un peaje que tenemos que pagar para que los nacionalistas disfruten. Gallego SI, pero con libertad.

1 ModeloFrancés

Les encanta hacerse las víctimas y dar pena. El gallego va a menos porque la gente no es im bécil y se da cuenta de que no le vale para nada, porque sin llegar a ser un dialecto es más un habla como el bable que una lengua. Como habla está vivísima y acepta préstamos de otras lenguas. Como lengua es deleznable porque está muerta, es un artificio de filólogos en donde los cambios van de arriba abajo, de los filólogos a los hablantes. Y no hay nada que hacer. Los referentes del gallego son la Xunta, el nacionalismo y la cultura del sacho, churrasco y Luar. Vamos, la barbarie, zafiedad, soecidad, malos instintos, y lo que es, para mí al menos, peor: la estupidez.

1 cesc

O ModeloGrego é o que che tiñan que aplicar a ti.