A Seguridade Social gaña 7.094 afiliados en marzo en Galicia e volve superar o millón de cotizantes

O avance do 0,71% é lixeiramente inferior ao da media española.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2019 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Seguridade Social gañou de media en marzo 7.094 afiliados en Galicia en comparación co mes anterior, un 0,71% máis que en febreiro, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego. De tal forma, o total de cotizantes volve superar o millón e alcanza os 1.004.405. Con todo, o avance galego do 0,71% é lixeiramente inferior ao incremento medio en España (+0,82%).

A nivel interanual en marzo, Galicia rexistra un incremento de 19.521 afiliados, o que supón un 1,98% máis respecto dos cotizantes de 12 meses antes. O total de 1.004.405 cotizantes repártese en: 773.036 persoas rexistradas no réxime xeral, mentres 210.297 son autónomos e hai 21.072 adscritos ao de mar.

Por provincias, os afiliados en marzo respecto de febreiro aumentan no catro provincias. Na Coruña increméntanse en 3.316 (+0,77%) ata un total de 431.703. En Pontevedra hai 349.604 (+0,72%, 2.508 máis). En Lugo son 121.496 (+0,66%, 801 máis), mentres os cotizantes en Ourense son 101.602 (+0,47%, 471 máis).

No tocante á comparativa interanual, a única provincia que perde afiliados, con 76 menos, é Ourense (-0,08%). A maior subida fronte a marzo de 2018 lidéraa Pontevedra (+2,60%), con 8.866 cotizantes máis. Séguelle A Coruña (alza de 9.165, +2,17%) e Lugo (elévase en 1.566, +1,31%).

DATOS ESTATAIS

A Seguridade Social pechou marzo no Estado cun aumento medio de 155.104 afiliados (+0,8%), por encima da ganancia de cotizantes do mesmo mes de 2018, segundo informou este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, que lembrou que estes rexistros son previos á Semana Santa, pois este ano celébrase en abril, mentres que o ano pasado tivo lugar en marzo.

A Seguridade Social gana 7.094 afiliados en marzo en Galicia e volve superar. EPDATA
A Seguridade Social gana 7.094 afiliados en marzo en Galicia e volve superar. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta