Os encoros galegos perden 12 hectómetros cúbicos de auga na última semana

A reserva hidráulica galega sitúase no 68'8% da súa capacidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2019 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

Os encoros galegos perderon 12 hectómetros cúbicos de auga na última semana ata acumular un total de 2.472, o que os sitúa ao 68,8% da súa capacidade, segundo os últimos datos ofrecidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco).

Na conca do Miño Sil, as reservas pasaron dos 1.988 hectómetros cúbicos da pasada semana, aos 1.977 desta, o que supón 11 hectómetros cúbicos menos. Con estas cifras, sitúase ao 65,2% da súa capacidade.

Pola súa banda, nos encoros de Galicia Costa, as reservas están en 495 hectómetros, un menos que a pasada semana. Así, estas contas sitúanse ao 72,4% da súa capacidade.
No conxunto de España, a reserva hidráulica situouse no 57,7% da súa capacidade, con 32.407 hectómetros cúbicos, 220 menos que a pasada semana.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense)
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense) | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta