En Común-Unidas Podemos defende o dereito de autodeterminación

Antón Gómez-Reino di que "o mellor é que os cataláns poidan falar".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2019 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O cabeza de lista pola Coruña de En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, defendeu que o acordo que deu orixe á súa candidatura en Galicia inclúa a defensa do dereito á autodeterminación.

Os candidatos de Unidas Podemos.
Os candidatos de Unidas Podemos.

"A proposta política que sempre puxemos enriba da mesa para a cuestión territorial naqueles lugares nos que hai unha parte importante da cidadanía que quere tomar a palabra é que falen respecto diso", sinalou.

Así, de feito, referiuse explicitamente á cuestión de Cataluña e Gómez-Reino indicou que "o mellor é que os cataláns poidan falar".

Antón Gómez-Reino, en compañía do número 2 pola provincia de Pontevedra da lista de En Común-Unidas Podemos, Ángela Rodríguez, visitou ás mariscadoras de Carril, segundo as súas propias palabras, non só para recoller as súas demandas senón tamén para "trasladar todas aquelas iniciativas que durante este tres anos se levaron ao Congreso dos Deputados e ao Senado" en forma de proposicións de lei, emendas e outras iniciativas lexislativas.

Gómez-Reino subliñou que a problemática do sector marisqueiro se ve especialmente afectada por cuestións de ámbito ambiental, que veñen agravar as "penosas condicións" de traballo e de protección social que teñen as mariscadoras.

A candidata pontevedresa Ángela Rodríguez lamentou que o colectivo de mariscadoras non teñan aínda recoñecidas como enfermidades laborais moitas das que afectan a estas mulleres como consecuencia do seu traballo e das condicións nas que o desempeñan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Farto de trols

Pero como se lles ocorre defender o dereito de autoderminación sen lle pedir permiso ao BNG, que é quen ten o pedigrí e quen reparte os carnés de galeguidade? Que ocorrencia!

1 fernanditoH

A Vanessa Anjustias tamén te da carné de galeguidade, vivindo en Madrí, y la Iolandita de puentevedresa, cuando se mostraba orjuiosa de pactare co SOE en Ferrol

2 arredista

É certo, hai que pedirlle o permiso ao BNG. Non cren na autodeterminación, pero son os donos da marca. Coma os curas co voto de castidade. Son gallegos y mucho gallegos.

3 EstásDeCoña

hahahahahahahahhahahahahahahahahahahahahahahahahahahahahha

2 Xabrega

Hipocresía en estado español puro... De risa.

1 Gamela

Pam o único que sabe das mariscadoras é o ricas que están as ameixas na de Lola en Carril ! En canto ao dereito de Autodeterminación xa o puxeron en práctica cando se "autodeterminaron" para NON PAGAR un can a En Marea! https://cabozo.com/taboext.php?grup... Que pandilla... señor!

1 el guille del pichel

Gamela pero oiste tu sabes que la Pam te es muy autodeterminista, tiene su propia órbita de camaradiñas que la dan larpeirada de la buena.