Visto para sentenza o xuízo por violación contra dous mozos de Vilagarcía

A Fiscalía elevou as súas conclusións a definitivas demandando unha pena de 14 anos de prisión para un dos acusados e de 9 anos para o outro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra deixou visto para sentenza o xuízo contra dous mozos acusados de violar a unha amiga, que se atopaba baixo os efectos do alcol, tras realizar 'botellón' no domicilio dun deles en Vilagarcía.

Este mércores, na segunda sesión do xuízo, a Fiscalía elevou as súas conclusións a definitivas demandando unha pena de 14 anos de prisión para un dos acusados e de 9 anos para o outro, o primeiro como autor dun delito de agresión sexual e o outro como cooperador necesario.

Ademais pide ao tribunal que se lles prohiba aproximarse á vítima a menos de 250 metros e de comunicarse con ela por calquera medio, así como unha indemnización de 9.000 euros en concepto de danos morais. A acusación particular iguala a petición de condena con 14 anos de prisión para cada un dos acusados.

Pola súa banda a defensa pide a libre absolución. Durante o xuízo, sostivo que as relacións foron consentidas e que a moza interpuxo a denuncia porque o principal acusado se negou a manter unha relación sentimental permanente con ela.

Unha testemuña da defensa declarou que nas declaracións privadas que mantiñan as amigas coa suposta vítima estas aseguraban que non crían o seu relato. Tamén compareceu ante a Sala unha psicóloga forense que explicou que a muller sufriu diferentes traumas e presenta tensión postraumática, indicando que a personalidade desta moza é creativa, egocéntrica e fantasiosa.

Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta