O BNG censura o "pim pam pum electoral" entre PSOE e PP, aos que acusa de "non achegar solucións"

Pontón insiste en que "a solución" para a continuidade das plantas "é a mesma que hai un ano: un prezo competitivo para a industria"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, censurou o "pim pam pum electoral" que, di, manteñen PSOE e PP sobre a situación de Alcoa e o futuro das plantas en Galicia e Asturias. "A solución non pasa por ningunha intoxicación mediática nin do PP nin do PSOE", aseverou.

Pontón fixo estas declaracións tras manter un encontro con traballadores da planta de Alcoa na Coruña. Alí, reclamou "unidade de acción" para defender os postos de traballo e afeou que populares e socialistas empreguen esta "situación crítica" con fins electorais. "Co pan da xente non se pode xogar", engadiu.

"A solución é a mesma que hai un mes e hai un ano: un prezo competitivo da enerxía para a industria, que se teña en conta que somos (Galicia) produtores de enerxía e que temos que ter compensacións, É un disparate que algún posto de traballo poida estar en risco polo prezo da enerxía", incidiu.

Nesta liña, cualificou de "decepcionante" a proposta do PSOE para as empresas electrointensivas porque non achega "solucións a un marco enerxético fracasado que puxo o PP", ao que responsabiliza da situación que atravesa o sector porque impide ás compañías "competir" con outros lugares onde a enerxía é máis barata. "Ningunha oferta vai ser viable se non hai un marco enerxético que dea estabilidade á enerxía e non esa ruleta rusa das poxas cada seis meses", resolveu a líder frontista.

28A Ponton Pide Unidade Alcoa Fronte Pim Pam Pum Electoralista Pp E Psoe. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
28A Ponton Pide Unidade Alcoa Fronte Pim Pam Pum Electoralista Pp E Psoe. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta