Pontón pide apoio para o proxecto "transformador" do candidato do BNG para mellorar Cambre

Pontón puxo en valor que o proxecto de Daniel Carballada aposta por recuperar a ría do Burgo, como "fonte de riqueza para facer de Cambre un lugar mellor para vivir".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu o apoio nas próximas eleccións municipais do 26 de maio ao "proxecto transformador" para mellorar o municipio de Cambre (A Coruña) que supón a candidatura encabezada polo actual edil de Cultura, Transporte e Mobilidade, o nacionalista Daniel Carballada.

"Pido o apoio para o proxecto sólido e transformador para Cambre que representa o BNG da man do candidato Dani Carballada", manifestou Ana Pontón, que sinalou que a súa alternativa "busca mellorar a vida das persoas pondo no centro un novo modelo de cidade, apostando por un urbanismo de calidade e por unha mobilidade sustentable dentro do concello".

Ademais, nun acto celebrado nesta localidade coruñesa, Pontón puxo en valor que o proxecto de Daniel Carballada aposta por recuperar a ría do Burgo, como "fonte de riqueza para facer de Cambre un lugar mellor para vivir".

Pola súa banda, o candidato á alcaldía pediu o apoio a todos os veciños que "queren avanzar en igualdade e en calidade de vida", "desde a esquerda real e transformadora, defensora do público". Tamén reivindicou a súa lista, que definiu como a "casa común da esquerda real e transformadora", na que teñen cabida persoas de diversas sensibilidades.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta