Ana Pontón tacha de "inapropiado" que Feijóo desexe "sorte" a Miramontes

A portavoz nacionalista considera que o presidente da Xunta debe rectificar as declaracións realizadas en apoio de Juan Pérez Miramontes, detido nunha investigación relacionada coa trata de mulleres e a prostitución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2019 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tachou este xoves de "inapropiadas" as declaracións realizadas o mércores polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen desexou "sorte" ao ex-presidente de Xóvenes Agricultores Juan Pérez Miramontes, detido o martes nunha investigación sobre unha trama relativa a trata de mulleres e contra a prostitución en Santiago.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha rolda de prensa.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha rolda de prensa. | Fonte: BNG

A preguntas dos medios nun acto en Santiago, Ana Pontón, tras matizar que descoñece se Feijóo "compartiu militancia" con Miramontes no PP, subliñou que "se se descobre que un ex-secretario dunha organización que tivo moitos vínculos co Partido Popular está a ser investigado, por nin máis nin menos, por trata de mulleres, o que debería pedir o presidente da Xunta é que a investigación chegue ao fondo e esa persoa sexa castigada".

"Dá a sensación de que para o presidente da Xunta é máis importante o que lle pase ao ex-secretario xeral de Xóvenes Agricultores que as mulleres que foron prostituídas e tratadas nesa trama", reprochou Ana Pontón. Neste sentido, manifestou que lle "parece unha conivencia cuns actos delituosos que non teñen cabida" e considera que Feijóo "debería rectificar esas declaracións" e "aclarar a quen quere protexer e amparar".

"SORTE"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou este mércores, preguntado pola detención de Miramontes, que "non lle preocupa" o arresto deste nunha operación policial contra a trata de mulleres en Santiago e desexoulle "sorte".

"Non me preocupa máis que que se aclare calquera cousa que afecte a calquera galego. (...) Que aclaren as posibles sospeitas que hai sobre eles e deséxolles sorte a todos, por suposto, a este galego e a calquera galego en calquera momento", sostivo Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Puntal en ollo alleo

De todos é sabido que o señor Miramontes non era santo de devoción do señor Feijoo, por iso a señora Pontón que tanto lle preocupan unhas declaracións intrascendentes do señor Feijoo debería mirar máis polo que se cociña na súa UPG a través dos grupos das potas reventa caixeiros.

1 anonimo

Probiño, se non o pillaran aínda era bo! O Presidentiño non ten por onde collelo.