A Policía Autonómica toma declaración a un veciño do Valadouro por un incendio rexistrado en marzo

O lume propagouse ás leiras próximas e finalmente arderon unhas 0,33 hectáreas de superficie rasa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica esclareceu un incendio rexistrado o pasado 12 de marzo no concello do Valadouro, en Lugo, concretamente na parroquia de Budián.

Un grupo de axentes tomou declaración a un home como presunto autor do lume, producido cando este realizaba unha queima de restos agrícolas sen adoptar medidas de seguridade.

O lume propagouse ás leiras próximas e finalmente arderon unhas 0,33 hectáreas de superficie rasa. Posteriormente, trasladáronse as dilixencias ao xulgado de instrución en funcións de garda de Mondoñedo (Lugo).

Policía Autonómica vixiando os lumes forestais
Policía Autonómica vixiando os lumes forestais | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Milhouse

Galiza non ten policia de seu. Son unidades cedidas polo Estado parcheadas como galegas pero con medios e competencias de terceira rexional. E os bascos e cataláns non levan outras bandeiras...