As eurodeputadas nacionalistas Lídia Senra e Ana Miranda opóñense ao produto paneuropeo de pensións

"É un insulto á clase traballadora", di Senra e Miranda critica que "non recoller as demandas da pesca artesanal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2019 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

As eurodeputadas galegas Lídia Senra (GUE/NGL) e Ana Miranda (BNG) opuxéronse ao produto paneuropeo de pensións individuais. "É un insulto á clase traballadora", en palabras da primeira. En concreto, Senra criticou no pleno da Eurocámara "que se vaia a destinar diñeiro público, a través de vantaxes fiscais, para apoiar" esta medida.

Neste sentido, reclamou "que se traballe noutro tipo de regulamento que axude aos estados a fortalecer e blindar os sistemas públicos de pensións e as pensións dignas". Pola súa banda, Miranda censurou que ese produto "só beneficiará ás rendas máis altas" e advertiu de que "suporá perda de ingresos para destinar a políticas sociais".

Ao seu xuízo, "esconde de novo unha trampa", xa que o Parlamento Europeo non dispón de competencias en materia tributaria. "Despois de sufrir numerosos recortes pola imposición da decisión da Troika e polas sucesivas reformas que tivemos en materia de pensións, particularmente promovidas polo PP, os nosos pensionistas teñen os seus dereitos mermados e non saberemos se as futuras xeracións terán pensións", censurou.

FONDO DE PESCA

Por outra banda, a eurodeputada do BNG abstívose na votación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca "ao non recoller as demandas da pesca artesanal galega". En concreto, segundo apunta o Bloque nunha nota, Miranda critica que o pleno da Eurocámara non fóra "máis aló" do informe aprobado na comisión de pesca de marzo.

Manifestación en Santiago de Compostela por unhas pensións públicas 'dignas'
Manifestación en Santiago de Compostela por unhas pensións públicas 'dignas'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta