A valedora atrincheirase no seu posto e quere tamén que dimita o vicevaledor

Milagros Otero quere que tamén se renove o nome do adxunto, Pablo Cameselle, proposto polo PSOE, para evitar que un afin aos socialistas asuma o cargo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2019 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A valedora do Pobo, Milagros Otero, defendeu que a súa renuncia condicionada a que os grupos parlamentarios teñan substituto do seu cargo e do seu adxunto, adoptouna por "responsabilidade" coa institución comisionada. Con todo, e tal e como xa avanzou este xoves GC, a súa estratexia e a do PP pasa por obrigar á oposición a un difícil pacto que, de facto, provocará que continúe no cargo de xeito indefinido.

A valedora alega 'responsabilidade' na súa dimisión condicionada e defende renov
A valedora alega 'responsabilidade' na súa dimisión condicionada e defende renov | Fonte: Europa Press

E é que Otero pide que con ela tamén dimita o seu adxunto, Pablo Cameselle, que foi proposto polo PSOE, porque xuntos forman un "equipo". Noutras ocasións, precisamente, o vicevaledor foi o que asumíu interinamente o cargo tras a renuncia do valedor, como acontecu con Benigno López. Os populares buscan deste xeito, que unha persoa afín ao PSOE, asuma este cargo.

Despois de coñecerse que o Tribunal Supremo non admitiu o recurso presentado, e por tanto, ratificou a sentenza do Tribunal Superior de Galicia na que declaraba nulo o nomeamento dentro da institución de María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG e sobriña do expresidente Manuel Fraga, Otero enviou ao Parlamento de Galicia unha carta na que puxo o seu cargo a disposición da Cámara, que é o órgano que a nomeou, a proposta do PP, e ten o poder de revogala cunha maioría reforzada dos deputados.

Pero vinculou a súa renuncia a que os grupos parlamentarios se poñan de acordo previamente sobre o seu substituto á fronte da institución e na Vicevaledoría, que actualmente ocupa Pablo Cameselle (nome impulsado polo PSOE), para o que é necesaria unha maioría reforzada de 45 deputados (polo menos os escanos do PPdeG e doutro grupo parlamentario).

Así, este venres en declaracións aos medios, Milagros Otero defendeu esta forma de actuar, distinta maneira da forma na que en 2012 deixou o cargo o seu antecesor Benigno López, quen tamén se viu obrigado a dimitir despois dunhas polémicas declaracións nas que suxeriu a suspensión da Lei de dependencia.

Preguntada por que motivo elixiu condicionar a súa renuncia, incidiu en que o fixo por "responsabilidade" e rexeitou entrar en "polémicas": "Nada está escrito sobre dimisións". Non quixo entrar en se os grupos parlamentarios terán dificultades para pactar a renovación da defensoría galega e gardouse a súa opinión sobre o fallo xudicial condenatorio, aínda que lembrou que cada sentenza: "Non me meto nas decisións dos tribunais; comparto algunha e outras non".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 urco

Pouca vergonha tem. E o PSOE (g) a pasmar. Cada cárrego que pactam co PPendelho (o anterior valedor, o chefe da TVG...) é hooligan pepeiro confesso. E quando os cacham numha falcatruada , agarram-se ao posto que nem com dissolvente. Os sociatas ou som parvos ou fam-se.

1 anonimo

Segue, muller, segue emporcallando o teu curriculum e á institución.