Restablecida a circulación tras a avaría dun tren en Laza

A avaría afectou a máis de 700 viaxeiro de catro trens Avant.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2019 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A circulación restableceuse sobre o mediodía deste venres despois da avaría dun convoi no termo municipal de Laza, Ourense, que afectou a máis de 700 viaxeiros de catro servizos Avant.

RENFE
RENFE

Segundo informan fontes de Renfe, polo momento foron afectados catro Avant, un que se dirixía de Pontevedra a Madrid con 190 persoas, outro de Madrid a Ferrol con 186, un de Ferrol a Madrid con 187 e outro de Madrid a Pontevedra con 144.

Todos eles foron transbordados por estrada, os primeiros de Ourense á Gudiña, os segundos da Gudiña a Ourense, os terceiros de Baños de Molga á Gudiña e os últimos da Gudiña a Pontevedra.

Pola súa banda, o tren avariado en Laza, que aínda non foi retirado da vía, non transportaba viaxeiros, segundo apuntan as mesmas fontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta