Temas: DOG EMPREGO XUNTA

Coñece como será a oferta de emprego da Xunta para este 2019

A administración xeral da Xunta oferta 1.543 prazas de acceso libre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2019 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a oferta de emprego público da administración xeral da Xunta para o ano 2019, que esgota a taxa de reposición que fixa o estado e inclúe un total de 1.543 prazas de acceso libre. Segundo destaca a Xunta, súmase ás ofertas de emprego nos ámbitos sanitario e educativo, xa publicadas no DOG, polo que eleva o total este ano a 6.004 prazas.

O maior número de acceso libre concéntrase no ámbito social, apunta, con prazas nas categorías de auxiliar coidador (323), limpador-fregador (181), camareiro-limpador (151), na categoría de oficial 2ª cociña (97) e, dentro da escala de axentes técnicos facultativos de servizos sociais, 63 na especialidade de xardín de infancia.

Ademais, en canto a persoal de consellerías, ofértanse prazas no corpo superior A1 (59), no corpo de xestión A2 (35), no corpo administrativo C1 (60), no corpo auxiliar C2 (127) e na agrupación de persoal subalterno, con 112 prazas. Tamén se inclúen prazas de persoal especializado, como as 33 en especialidades da escala de enxeñaría técnica, as 22 na de enxeñaría e as 12 na de veterinaria.

Ás prazas de acceso libre súmanse outras 227 para a promoción interna de persoal funcionario. O decreto inclúe outras 847 para o proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo.

Oposicións
Oposicións | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Temas: DOG EMPREGO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta