A presidenta da Deputación de Pontevedra ve "deplorable" a actitude do PP pola súa reacción ao aprazar o pleno

O principal grupo da oposición considera que o traslado do pleno para o día 30 tenta "silenciar" os traballadores de Ence antes das eleccións xerais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2019 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lamentou a "deplorable" actitude do grupo provincial do Partido Popular, pola súa reacción a raíz do adiamento do pleno ordinario previsto para o 26 de abril e ao que presentarán unha moción para falar da situación da fábrica de Ence na ría de Pontevedra.

O principal grupo da oposición considera que o traslado ao día 30 tenta "silenciar" aos traballadores da pasteira antes das eleccións xerais convocadas para o domingo 28 de abril. Ante estas acusacións, a presidenta da Deputación Provincial, reaccionaba este venres afirmando que "a min esta 'xentiña' xa me ten farta", en referencia aos deputados do Partido Popular.

A continuación sinalou que, en Pontevedra, o sindicato Comisións Obreiras e o PP "son o mesmo" culpándolles de ser os organizadores da protesta que levou a celebrar o último pleno provincial a porta pechada. A presidenta explicou en rolda de prensa que o adiamento do próximo pleno foi comunicado por vía telefónica como xa sucedera outras veces sen que se rexistrase ningún problema. E anunciou que, ante as queixas do portavoz popular Anxo Moldes, acaba de convocar unha xunta de portavoces para este luns 8 na que se aprobará por maioría o traslado do pleno ao día 30 de abril.

Carmela Silva dirixiu as súas críticas directamente ao presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, e ao líder dos populares galegos e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. "Feijóo considera que a oposición do PP é a presidenta da Deputación, pero non o son", afirmou. Silva mostrouse estrañada por que o persoal de Ence protestase ante a Deputación, que carece de competencias en relación coa situación da empresa pasteira, e, en cambio, non acudise ao pleno municipal de Pontevedra.

Carmela Silva en Pontevedra.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Carmela Silva en Pontevedra.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Carmela Silva non se priva de nada... https://xornalgalicia.com/portada/5...

1 Gamela

Carmela Silva unha Okupa de Altos Vuelos ! https://flic.kr/p/vQcy8E