A lendaria banda de rock alternativo Pixies actuará na "cidade de Galicia"

O cartel e a páxina de venda de entradas do grupo anuncia un concerto no Coliseum, pero confunde Galicia con A Coruña como a cidade na que actuará.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/04/2019 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Madrid, Barcelona, Zurich, Lisboa, París, Lyon, Londres, Munich, Turín, Praga, Manchester, Las Vegas, Portland... e Galicia. A lendaria banda estadounidense de rock alternativo Pixies está de xira para presentar en directo o seu novo traballo discográfico, que verá a luz o próximo mes de setembro.

Captura da páxina web dos Pixies.
Captura da páxina web dos Pixies.

O curioso da axenda de concertos dos Pixies é que os responsables da xira non sitúan a cidade galega na que actuarán, nin no cartel orixinal nin na páxina de compra das entradas para os seus concertos. Indícase que o recinto é o Coliseum e que a "cidade" é Galicia (así figura na columna 'City' que indica as localizacións dos concertos), mentres nos demais casos identifican correctamente as urbes nas que actuarán.

Ao facer clic sobre o botón de compra de entradas, chégase ao sitio web de Ataquilla (venda de entradas de Abanca). E aí si, xa se identifica a cidade, A Coruña, onde os Pixies actuarán o sábado 26 octubre, ás 22.00 horas.

Cartel oficial da xira dos Pixies.
Cartel oficial da xira dos Pixies.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gyutriopieira

Si que é curioso.Xa hai anos no documental de Jeb Cohen "Instrument", sobre o grupo Fugazi, había un momento no que se sentía unha voz que ía contando as datas e lugares que lles quedaban para rematar unha xira e voltar para casa. E a cousa era: " ...May 25th Anger, May 28th Oviedo, May 29th Galicia, May 30th home." Onde tocaran aquel 29 de Maio fora en Santiago DC. Que será que lles fai dicir o nome do país e non da cidade concreta?? Porqué co resto dos lugares onde tocan iso non pasa.