Adriana Lastra chama en Ourense a "frear cunha mobilización masiva ás urnas o fascismo en España"

A vicesecretaria xeral do PSOE defende que "os socialistas aseguran a unidade de España" ao sentar a "negociar cos que non pensan igual".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/04/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A vicesecretaria xeral do PSOE e portavoz do Grupo Socialista no Congreso, Adriana Lastra, chamou a "frear o fascismo" que se atopa "acazapado ás portas do Congreso", cunha "mobilización masiva ás urnas o 28 de abril".

Adriana Lastra (PSOE) chama a 'frear' nas urnas 'o fascismo' que está 'agaz
Adriana Lastra (PSOE) chama a 'frear' nas urnas 'o fascismo' que está 'agaz | Fonte: Europa Press

Na presentación en Ourense dos candidatos socialistas da provincia, sinalou que só deste xeito será posible "deter ao PP, capaz de pactar coa ultradereita que di que non existe a violencia de xénero".

Adriana Lastra referiuse aos datos que aluden a "outra muller asasinada este domingo en Torrevieja", ás "450 denuncias que se rexistran cada día" e as "200 chamadas diarias ao 016 de mulleres que están a sufrir un episodio de violencia".

Así mesmo, defendeu que "o PSOE asegura a unidade de España" e argumentou que cando o Partido Socialista deixou o goberno tras José Luis Rodríguez Zapatero "había un 12% de independentistas en Cataluña fronte ao 47% de agora".

Pero ademais, lembrou que "nestes anos de goberno do PP houbo dous referendos ilegais de independencia e unha declaración unilateral de independencia". Fronte a iso a vicesecretaria xeral do PSOE puxo de relevo que os socialistas empezaron a falar cos que non pensan como eles "para tentar chegar a acordos", dado que "a democracia se lexitima cando se recoñece ao outro e avánzase de maneira conxunta".

"En nove meses de goberno non se pode cambiar un país, pero pódense sentar as bases para logralo na seguinte lexislatura", subliñou durante a súa intervención. Deste xeito, Adriana Lastra fixo un repaso polos "logros" alcanzados polo Partido Socialista.

Entre eles, a suba do salario mínimo interprofesional, "fronte a unha dereita que é tan miserable de dicir que un traballador neste país non pode gañar 900 euros" ou a decisión de que "quen máis ten, que adoita ser quen máis oculta, sexa tamén quen máis pague", engadiu Lastra.

A maiores, citou "a recuperación do subsidio aos parados de longa duración maiores de 52 anos" e, no caso da pensión de viuvez, para "darlles ás viúvas o que por dereito lles pertencía".

Adriana Lastra pediu "non facer caso ás sondaxes pouco verídicos" e apuntou que "o único fiable é o que dixo a dereita de que se se suman o tres van gobernar". Frentea iso, "o Partido Socialista tense que levantar" porque "soamente vai gañar o PSOE se se vota ao PSOE".

Na mesma liña, concluíu que "é máis necesario que nunca ir votar o día 28 de abril" en contra dunha "ultradereita envolta na bandeira para tapar a súa inoperancia", "unha dereita radical que se inventa problemas que non existen, como é o caso da necesidade de armas" e que "non sabe xestionar un país plural e diverso como España que debe conxugar o mundo rural co urbano".

"O CACIQUISMO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL CHOCA COA REALIDADE"

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero aludiu a candidatos socialistas ás alcaldías da provincia como "referentes" que van dar " o mellor de si" para desterrar da Deputación de Ourense "o caciquismo que choca coa realidade".

Para iso, destacou que "Ourense merece un cambio" fronte a "un goberno municipal que en catro anos non foi quen de aprobar uns orzamentos" e para "abrir un novo ciclo na cidade" contan co proxecto de Rafael Rodríguez Villarino, candidato socialista á alcaldía.+

O secretario provincial do PSdeG-PSOE e candidato á alcaldía de Ourense, Rafael R. Villarino iniciou a súa intervención reivindicando "a cohesión e unión que impera agora mesmo no Partido Socialista".

Villarino quixo adiantar tres dos puntos craves do seu proxecto para Ourense que pasan pola recuperación dos servizos sociais para que "non existan persoas con problemas de integración social"; o acondicionamento das rúas para que "a xente non senta vergoña do lugar onde vive" e a recuperación dunha Praza de Abastos rehabilitada como é a da Ponte, "que se atopa esquecida e absolutamente inútil".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riuriu

Adriana Lastra, una vividora de la política sin otro oficio conocido desde la adolescencia. Y sin preparación alguna.